Na noite deste sábado, no Auditorio Municipal de Vilalba, o Iescha programaou a proxección do documental SANTOALLA, que trata da desaparición e do asasinato do neerlandés Martin Verfondern na aldea de Santoalla (Petín) en xaneiro de 2010. O documental, que recibiu numerosos premios, está dirixido polos estadounidenses Andrew Becker e Daniel Mehrer e producido pola galega CRISTINA DE LA TORRE, coa que tivemos a sorte e o placer de poder contar para comentarnos aspectos moi interesantes deste excelente documental e de participar nun animado debate ao remate da proxección.
Parabéns, Cristina, por este sensacional traballo, dende o Iescha agradecemos moi sinceramente a túa presenza e participación no acto.
Moitas grazas tamén ao público que asistiu á proxección sendo ademais partícipe moi activo no debate posterior.
…E poucos minutos máis tarde, a película As Bestas, de Rodrígo Sorogoyen, baseada neste suceso, resultaba gran vencedora nos premios Goya.