A conferencia que Pilar García Negro impartiu o pasado venres, 16 de febreiro, na Casa da Cultura de Vilalba, organizada polo Instituto de Estudos Chairegos, resultou unha experiencia moi amena e enriquecedora. Pilar García Negro conseguiu transmitirnos a magnitude universal de Rosalía de Castro: como persoa adiantada ao seu tempo, como gran defensora da lingua, como feminista comprometida, como loitadora incansable polos dereitos das mulleres, como unha ferviente ecoloxista e cunha aguda crítica das inxustizas sociais.
Para ilustrar todo o anterior, Pilar García Negro compartiu fragmentos selectos da obra de Rosalía, aportando profundidade á súa exposición. En definitiva, foi unha conferencia gratificante que deixou ao público moi agradecido e satisfeito. Agradecemento que o Iescha quere facer chegar a Pilar García Negro pola súa magnífica intervención e pola súa disposición a colaborar con nós.
Ata a próxima!!!