RESEÑA DA EXPOSICIÓN “O HERBARIO DE ROSALÍA”. SALA DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA. 18 AO 31 DE MARZO DE 2024. (GALERÍA FOTOGRÁFICA E VIDEO RESUME)

Dende o día 18 ata o 31 de marzo, o Instituto de Estudos Chairegos organizou a exposición “O HERBARIO DE ROSALÍA”, poñendo brillante colofón aos actos que coa denominación QUERO VER O MAR se programaron durante os meses de febreiro e marzo en homenaxe a Rosalía de Castro. 

A rosa, as herbas do campo florido, as plantas do camposanto, a muruxa, a herba da pedra, os corniños, a herba paxareira, a arenaria e a herba dona, os toxos, as silveiras, o caravel, o buxo, a figueira, o carballo, o piñeiro, o castiñeiro e o Loureiro, entre outras, deron forma a esta magnífica exposición que comezou a súa traxectoria no Real Jardín Botánico de Madrid e agora está a percorrer distintas cidades e vilas de Galicia… E Vilalba non podía faltar á cita.

Foron moitas as persoas que durante ese tempo pasaron polo Auditorio Municipal para visitar a exposición quedando completamente satisfeitas co que contemplaron. Agradecémoslle sinceramente a todas elas a súa visita e que poideran compartir con nós os seus comentarios e impresións.

A mostra, composta por 40 imaxes repartidas en cinco seccións, conducíanos a un mundo de beleza e contemplación. Unha exposición onde a literatura, a botánica e a fotografía conxuntábanse nun exquisito proxecto realizado polas profesoras María López Sández e Isabel Fraga con fermosas fotografías de Miguel Fraga.

Dende o Iescha queremos expresar o noso sincero agradecemento aos seus autores e a Fundación Rosalía de Castro que nos brindou a oportunidade de poder desfrutar desta experiencia única.

Agradecemento que facemos extensivo ao Concello de Vilalba pola súa colaboración.

Ata a próxima!

VIDEO RESUME>>>>> https://www.facebook.com/watch?v=430439802849723

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad