Magnífica xornada, cargada de historia, cultura e patrimonio a deste domingo 7 de abril para realizar a IX Ruta Cultural polas terras do Carballiño organizada polo Iescha.
Antes de nada, temos que facer mención especial de Felipe Senén que nos acompañou durante o percorrido. Foi un verdadeiro pracer poder gozar durante todo o día desta destacada figura cuxo labor na recuperación da arte, do patrimonio histórico-artístico e das artes populares galegas é simplemente excepcional. As súas precisas explicacións, cheas de datos relevantes e exemplos concretos e detallados, servíronnos para coñecer as principais características dos distintos puntos que conformaban o itinerario.
A saber:
-O impresionante Castro de San Cibrán de Las, no concello de San Amaro, un dos castros máis grandes de Galicia.
-O coidado e atractivo Centro de Interpretación do Castro, co que conforma o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa.
-A pequena capela románica e cemiterio da parroquia de San Mamede de Moldes, no concello de Boborás, onde se atopan os restos de Losada Dieguez e Chamoso Lamas.
-A atractiva parroquia de Pazos de Arenteiro, tamén no concello de Boborás, un dos conxuntos etnográficos mellor conservados de Galicia.
-E, como colofón, o impresionante e maxestuoso templo da Veracruz, no Carballiño, obra do arquitecto Antonio Palacios.
-Entremedias, disfrutamos dunha comida reconfortante no Restaurante Derby, no Carballiño.
En definitiva, foi unha xornada completa, con moi bo tempo e moi bo ambiente, onde os participantes poideron disfrutar do contemplado e do contado. Sen dúbida, unha experiencia gratificante e enriquecedora.
Só nos queda agradecer a Felipe Senén a súa magnífica, inestimable e desinteresada colaboración. Foi un placer escoitalo.
Agradecemento que temos que facer extensivo a todas as persoas que participaron na Ruta e a fixeron posible.
Ata a próxima!!!
VIDEO RESUME >>>> https://www.facebook.com/watch?v=804421081534364