RESEÑA DA PRESENTACIÓN DO LIBRO “RELATOS DE CASCARILLA. DOCE CONTOS DE XENTE DA CORUÑA”, DE CÉSAR CONCHEIRO GUERRICO (VIDEO-RESUME)

Este venres, 9 de xuño, na Casa da Cultura de Vilalba, tivo lugar o acto de presentación do libro “RELATOS DE CASCARILLA. DOCE CONTOS DE XENTE DA CORUÑA”, de CÉSAR CONCHEIRO GUERRICO, editado polo Grupo BEROLY e organizado polo Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración co Concello de Vilalba.

Coas doces e emotivas notas musicais interpretadas magnificamente por un pequeno grupo de compoñentes da Banda de Música de Vilalba, da que o autor do libro foi director durante varios anos, deu comezo o acto presentado por Chema Felpeto, da xunta directiva do Iescha. A continuación, fóronse sucedendo distintas intervencións: Ramon Guntin, en representación da Banda de Música de Vilalba; Xose M. Yáñez, do Grupo BEROLY; Laura Veleiro, como ilustradora do libro; Beatriz Maceda, escritora, e César Concheiro, músico e autor do libro.

É dicir, a obra vista dende a perspectiva músical, dende o mundo editorial, dende a ilustración e dende a propia literatura, para confluír nun ameno e agradecido diálogo co autor, César CONCHEIRO, quen nos deleitou ademais cunha pequena lectura do comezo e final do libro. Un libro, Relatos de Cascarilla, onde se nos achegan ás vidas de distintas persoas que comparten como escenario a cidade da Coruña. Merece moito a pena!!!

E o acto rematou como empezou. Non podía ser doutro xeito: de novo a música. Outro grupo representativo da Banda puxo un magnífico colofón ao acto. Forte e emocionante aplauso final.

Dende o Iescha, parabéns e agradecementos a César Concheiro, especialmente, e tamén para todos e todas os que participaron (na mesa e na interpretación) e para o público que acudiu ao acto.

Ata a próxima!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad