O acto comezou coa voz de Marisa,
coma en ocasións anteriores,
rexeitando guerras sen cabida,
especialmente a de Gaza,
cos seus crimes e dores.
Dúas persoas máis conformaban a mesa:
Eva Teixeiro, a poeta e autora,
e Sabela Seoane, a guía colaboradora.
Amizade profunda, de corazón.
Marisa fala delas, de maneira entrañable,
con cariño e gran devoción.
A autora, Eva Teixeiro, foi presentada:
membro da AELG e Comadres das Letras,
sempre un libro nas mans, apaixonada,
rematando Marisa lendo un escrito dela.
Concluíndo a súa intervención,
dá paso á autora, Eva, que agradece
con cariño, a Marisa, o seu inicio,
e ao Iescha, o seu convite e atención.
Sabela Seoane, fiel guía,
colaboradora necesaria
na presentación do libro de poemas,
mapa.gal, unha obra autoeditada,
que a autora comparte, sen dilemas.
Sabela, envolve á xente, en cada momento,
pausas para observar, preguntar ou recitar,
varias voces participan con sentimento,
e Eva explica o porqué da portada,
sen título ou nome que remarcar.
A poeta e a xente recitan: Carballeira,
Orballo, Terra, Aire, Múxicas, Avelaíña,
Lume, Arañeira e Lúa, lecturas verdadeiras,
con moito sentimento e ledicia.
Sabela, novamente, guíanos nun xogo,
preguntas con xeito e maña
dos poemas que hai no libro.
A xente vai respondendo
con moito cariño e gañas.
Por fin, Almudena do IES Basanta Silva,
agasalla á autora, Eva, cunha recompilación:
debuxos do alumnado da ESO, primeiro e terceiro,
sobre os poemas do seu libro,
feitos con moita arte e emoción.
E así foi esta presentación do libro mapa.gal:
interesante, orixinal, poética, lúdica,
participativa e máxica, nun acto especial,
que fixo vibrar á xente de maneira única.
Só nos quedan os agradecementos:
a Eva Teixeiro, a autora,
a Sabela Seoane, a guía,
e ao público asistente,
por compartir este acto
fermoso e de gran valía.
(E a min…, desculpádeme o atrevemento).
Ata a próxima!!!
VIDEO RESUME>>>> https://www.facebook.com/watch?v=3730760483804785