RESEÑA DA PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL DE PEDRO LECHUGA “XOVE, DEMOCRACIA NUCLEAR”. NO AUDITORIO. 10-11-2023 (RESUME FOTOGRÁFICO)

RESEÑA DA PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL DE PEDRO LECHUGA “XOVE, DEMOCRACIA NUCLEAR (VIDEO-RESUME)

Este pasado venres, 10 de novembro, no Auditorio Municipal de Vilalba, o IESCHA, en colaboración co Concello de Vilalba, organizou a proxección do documental “XOVE, DEMOCRACIA NUCLEAR”, do leonés PEDRO LECHUGA, que estivo presente no acto.

O documental ofreceunos unha suxestiva inmersión nas décadas dos setenta, principalmente, en Xove e outros pobos limítrofes , rescatando valiosas historias de movilizacións en contra da instalación nesa zona dunha central nuclear, ao igual que ocurría noutros partes do estado.

A través de imaxes, opinións, entrevistas e videos da época o documental de Pedro Lechuga logra revivir épocas marcadas por intensas protestas e reivindicacións populares. O visionado do mesmo e a charla posterior co seu director logrou transportarnos a un pasado onde o pobo soubo unirse con determinación para enfrentar desafíos ambientais e sociais. Un traballo conmovedor que non só recupera a memoria histórica, senón que nos invita á reflexión sobre a importancia da participación popular na construción do futuro dun país.

Dende o IESHA, agradecemos moi sinceramente a Pedro Lechuga a súa participación directa no acto, e dámoslle os nosos parabéns polo seu magnífico traballo.

Moitas grazas tamén ao persoal técnico do Auditorio e ao público asistente.

Ata a próxima!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad