
O pasado venres, 9 de outubro, a Casa da Cultura de Vilalba acolleu a presentación e proxección do documental Prisciliano e a Gallaecia, dirixido por Aser Álvarez e producido por Arraianos Producións, nun acto organizado polo IESCHA coa colaboración do Concello de Vilalba.
O acto foi presentado por Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA, e contou coa participación do director do documental, Aser Álvarez, e de Diego Piay Augusto, profesor e experto na figura de Prisciliano.
A produción afonda na figura de Prisciliano (c. 340-385), bispo galaico executado por herexía, e no seu papel na Gallaecia da Antigüidade tardía. A través das achegas de especialistas e das fontes históricas, aborda os conflitos relixiosos e políticos da época, así como a influencia do priscilianismo e o misterio sobre o lugar onde foron enterrados os seus restos.
Con esta actividade, o IESCHA continúa o seu labor de divulgación histórica e cultural, contribuíndo a recuperar figuras relevantes do pasado de Galicia.
Moitas grazas a todas as persoas que a fixeron posible.
Ata a próxima!!!
GALERIA DE FOTOS








VIDEO RESUME>>>https://www.facebook.com/reel/1741045520334965
