RESEÑA DAS XORNADAS 2023 “ARREDOR DAS IRMANDIÑAS: MULLERES PARA A HISTORIA DE NOSO” 17 E 18 DE NOVEMBRO DE 2023.(VIDEO-RESUME)

“ARREDOR DAS IRMANDIÑAS: MULLERES PARA A HISTORIA DE NOSO” foi o título escollido para as Xornadas 2023, unha tradición mantida xa ao longo de varios anos, cuidadosamente diseñadas polo Instituto de Estudos Chairegos-Iescha e o Consello da Cultura Galega, coa inestimable colaboración do Concello de Vilalba, e tendo como escenario a Casa da Cultura. 

Ao longo de dous días (venres 17, á tarde, e sábado 18, á mañá) asistimos a un programa extenso e diversificado que abordou a temática proclamada no título. A pintura, a escultura, a oratoria, a dramaturxia, a música… formaron parte do contido destas interesantísimas Xornadas. As artistas (Alba Díaz, Amparo Bermúdez, Carme Mato, Carmen Cabaneiro, Carmen Gómez Mato, Clara Martín, Clara Naseiro, Dolores Leal, Elena Iglesias, Estrella Naseiro, Isabel Pardo, Luz Airado, María Guerrero, Masú Santalla, Miriam Fernández, Pilar Maseda e Viki Rivadulla); as relatoras (Guillermina Domínguez Touriño, Cecilia Fernández Santomé, Vanesa Siso, Carme Adán e Aurora Marco); o Grupo de Teatro Independente de Vilalba (Susana Pérez Fernández -directora e guionista-, Estrella Naseiro, Mª Carmen Gómez, María Carballeira, Mónica González, Olga Seoane, Tamara Grandío, Susana Pérez, Marianna Fato, Lucía Guizán, Marisé Roca e, Tamara López), e o grupo de música popular (AC Andrade), a través das súas obras, relatorios, representacións e interpretacións, deixáronnos innumerables e suxestivos aspectos para a reflexión e a análise. 

O noso profundo agradecemento e sinceros parabéns para todas esas persoas e para aqueloutras que contribuíron dun xeito inestimable (e imprescindible) a que estas Xornadas resultasen tan interesantes e motivadoras. 

Queremos facer chegar tamén o noso especial agradecemento ao Consello da Cultura Galega (representado nesta ocasión por Carme Adán) e ao Concello de Vilalba (representado pola súa alcaldesa Marta Rouco) polo seu compromiso e colaboración. E, como non!, a Marisa Barreiro, presidenta do Iescha, alma máter das Xornadas e que nos representou magnificamente nas mesmas. 

Por último, e coma sempre facemos, gústanos acabar expresando o noso especial recoñecemento ao público presente nestes actos.

Ata a próxima!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad