A presentación de “Blanco xiz tirando a negro”, a novela escrita por Xosé Manuel Felpeto Carballeira, levada a cabo na Casa da Cultura de Vilalba na noite deste venres 22 de marzo, nun acto organizado polo Iescha, transformouse nunha animada conversa entre o seu autor e a presentadora do acto, Marisa Barreiro, centrada fundamentalmente en poñer en valor os personaxes e as súas historias dentro da obra, así como as difíciles traxectorias dalgúns deles. Tamén se destacou a influencia do cine no libro. Foi unha charla amena e relaxada, realizada nun ambiente distendido, e que dende o Iescha agradecemos sinceramente tanto a Xosé Manuel Felpeto, autor do libro, como á nosa presidenta Marisa Barreiro.
Moitas grazas tamén ao público asistente.
Ata a próxima!!!
VIDEO RESUME DO ACTO: https://www.facebook.com/watch?v=378987671572400