Na noite do pasado xoves, 8 de febreiro, na Casa da Cultura de Vilalba, levouse a cabo a presentación de dous libros de ADELA FIGUEROA: “A Quadratura do círculo” e “Gotas”, nun acto organizado polo Instituto de Estudos Chairegos, que contou coa presenza da propia autora dos libros, Adela Figueroa; coa presidenta do Iescha, Marisa Barreiro, e coas escritoras vilalbesas, Pilar Maseda e Mª Xosé Lamas.
Comezou Marisa Barreiro facendo a presentación das participantes, non sen antes, volver a reivindicar a PAZ para o pobo palestino.
Deu paso a continuación a Pilar Maseda, que falou do libro “A Quadratura do círculo”, tres potentes historias, centrándonse nunha na que se fala de mestres represaliados, sufrindo tratos humillantes. Pilar ilustrou a súa intervención coa lectura dun fragmento do libro.
A continuación Mª Xosé Lamas, como persoa vinculada ao teatro, falou de “Gotas”, un libro de teatro infantil, explicando o ciclo da auga e as cousas coas que se atopan hoxe as pingas de auga, e mencionando a persoanaxes como Lixon, Purino, Pesticino…
As catro mulleres da mesa, Marisa, Pilar, M! Xosé e Adela deron lectura ao último acto da obra.
Adela Figueroa, na súa intervención, expresou, en primeiro lugar, o seu profundo agradecemento ao IESCHA e ás compañeiras de mesa. A súa exposición como autora de los libros foi brillante, amena e cautivadora, demostrando unha gran xenerosidade ao cantar para o público asistente dúas cantigas de Xosé Afonso acompañada á guitarra por Eladio Rodríguez.
En difinitiva, un acto moi emotivo, entrañable e cercano, polo que o IESCHA quere agradecer moi sinceramente a participación no mesmo de Adela Figueroa, Pilar Maseda, Mª Xosé Lamas e Marisa Barreiro.
Moitas grazas tamén ao público asistente.
Ata a próxima!!!