RESEÑA DA PRESENTACIÓN DO LIBRO DE TICIANA GHIGLIONE DARRIBA “NON APARTES A MIRADA DO ESPELLO”. CON MARISA BARREIRO, PILAR MASEDA E SUSANA PÉREZ. AUDITORIO DE VILALBA. VENRES 12-04-2024 (VIDEO RESUME)

Na noite deste venres 12 de abril, no Vestíbulo do Auditorio Municipal de Vilalba, o Iescha, coa colaboración do Concello de Vilalba, organizou o acto de presentación do libro “Non apartes a mirada do espello”, de Ticiana Ghiglione Darriba.

Tomou a palabra Marisa Barreiro para expresar, en primeiro lugar e como ven sendo habitual dende hai algún tempo, o apoio ao pobo Palestino, para a continuación presentar á autora do libro Ticiana Ghiglione Darriba: muller sensible, feminista e artista multidisciplinar, sempre inmersa en proxectos artísticos, explorando diferentes medios como a fotografía, o deseño, o debuxo e a palabra. A súa creatividade está en constante evolución e renovación, e os seus traballos foron recoñecidos con moitos premios e galardóns.

Falou tamén Marisa do libro, “Non apartes a mirada do espello”: obra que recolle 10 relatos magnificamente escritos. Cada páxina destes relatos convida ao lector a mergullarse nunha experiencia literaria única, fonte de inspiración para todos aqueles que o lean, e onde se entrelazan emocións, reflexións e vivencias.

Pilar Maseda comezou dicindo que para ela era unha honra estar ao lado de Ticiana para falar deste libro e foi dando algunhas pinceladas do mesmo: un verdadeiro artefacto literario, cunha gran capacidade de síntese por parte da autora. Destaca o seu suspense e a forma tan áxil de escribilo, mantendo o ritmo non só nos diálogos, senón tamén nas ilustracións. Remata dicindo que é un xogo de múltiples espellos e… convén non apartar a mirada do espello.

Ticiana Ghiglione Darriba, a autora, comezou reivindicando o traballo colectivo, pois precísase dispoñer de multitude de axudas e colaboracións. Sen elas, sería moi difícil. Explicou que cada elemento do libro reflicte algo dela, do seu vivir, do seu escoitar… É para ela un libro moi especial.

O intercambio de ideas entre Marisa, Pilar e Ticiana enriqueceu a experiencia con achegas importantes do libro, ao que califican como unha explosión do interior humano ante situacións extremas.

A continuación, os asistentes puideron escoitar un audio cun relato, non inclúido no libro, rematado coa voz en directo de Ticiana e a aparición solemne de Susana Pérez, ataviada de protagonista do relato.

En definitiva, a presentación do libro “Non voltes a mirada do espello” foi unha mostra do talento e sensibilidade de Ticiana, quen agradeceu a Marisa, Pilar e Susana a súa compañía e a participación no acto.

Dende o Iescha sumámonos ao agradecemnto facéndoo extensivo á propia Ticiana, ao Concello de Vilalba, ao equipo técnico do Auditorio e ao público asistente.

Ata a próxima!!!

VIDEO RESUME>>>>> https://www.facebook.com/watch?v=1628844114587100

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad