RESEÑA DA PRESENTACIÓN DO LIBRO “O PASO EN FALSO” DE ABRAHAM PÉREZ. COA PRESENZA DE MARISA BARREIRO E MIGUEL ÁNGEL MARTÍNEZ QUINTANAR. 12-01-2024. (RESUME FOTOGRÁFICO)

Moi interesante resultou o acto de presentación do libro de Abraham Pérez “O paso en falso” organizado polo Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba e da Editorial Galaxia, na noite deste venres 12 de xaneiro, na Casa da Cultura.

Marisa Barreiro, presidenta do Iescha, iniciou a súa intervención, como xa fixera en actos anteriores, condenando de forma rotunda a masacre que está sufrindo o pobo palestino. A continuación, tras facer un pequeno comentario do libro, pasou a presentarnos aos dous intervinientes: Abraham Pérez, autor do libro, e Miguel Ángel Martínez Quintanar, filósofo e ensaísta.

Tomou a palabra en primeiro lugar Miguel Ángel, que nos introduciu de cheo na novela de Abraham comentando todos os motivos polos que deberiamos lela e destacando da mesma a súa redacción clara, desprovista de adornos innecesarios, onde os personaxes son elementos fundamentais da trama, desenrolada en escenarios de Santiago, Lugo, Berlín… 

Miguel Anxo comentou tamén outros aspectos interesantes da novela: os distintos niveis de lectura; a alienación sociopolítica e tecnolóxica dos personaxes; a súa desafección política; o nihilismo xuvenil, ou a incapacidade de soportar o paso do tempo. Rematou resaltando a finura e a intelixencia coas que está escrito o libro.

Pola súa parte, o autor da obra, Abraham Pérez, tras o agradecemento a todas as persoas que fixeron posible o acto, destacou en primeiro lugar a presenza do humor como unha das capas fundamentais de la novela, así como a estructura narrativa da mesma, permitindo unha lectura áxil, en sintonía coa velocidade da sociedade contemporánea. Puntualizou tamén que a obra se presenta como un entramado de capas, ofrecendo diversas posibilidades de interpretación, conectando con outras obras literarias e deixando pistas que enlazan a súa historia co legado literario de autores como Joyce ou Otero Pedrayo.

Antes de finalizar, houbo un corto pero interesante coloquio entre o público e os oradores.

Dende o Iescha, temos que agradecer moi sinceramente a presenza de Abraham Pérez e de Miguel Ángel Martínez Quintanar, así como a do público asistente.

Ata a proxima!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad