Participaron no debate: Elba Veleiro, Sandra Vázquez, Modesto Renda e Tino Alvite, cabezas de listas das catro candidaturas presentadas no Concello de Vilalba por parte dos partidos: PSOE, PP, VA e BNG, respectivamente.
O desenrolo do debate, magnificamente moderado, como de costume, por Baruk Domínguez, seguiu o mesmo formato na distribución de tempos e temas a tratar que en anteriores ocasións, e onde cada candidato/a foi presentando as súas propostas e argumentos buscando convencer aos votantes da súa idoneidade para o cargo. Houbo tamén turnos de réplicas e contrarréplicas. En xeral, durante o debate foron mostrándose as diferentes visións e enfoques das catro candidaturas, cun minuto de ouro final que cada representante aproveitou para pedir o voto para o seu partido.
Dende o IESCHA, temos que agradecer, en primeiro lugar, a Elba (PSOE), a Sandra (PP), a Modesto VA) e a Tino (BNG) a súa participación no acto; a Baruk Domínguez, o seu sempre impecable traballo; ás dúas representantes de ASORLU (Asociación de Personas Xordas de Lugo), a súa encomiable tarefa de linguaxe de signos; ao persoal de Allentum, o seu magnífico labor no apartado técnico, e, por fin, ao público que encheu as dúas salas da Casa da Cultura (e ao que potencialmente o puido ver a través da emisión en streaming), agardando que as propostas presentadas no debate poidan servirlles para tomar a mellor decisión nas próximas eleccións.
Ata o próximo!!!