Na tarde noite do sábado 8 de xuño, no Auditorio Municipal de Vilalba, nun acto organizado polo IESCHA, tivo lugar a proxección do documental “DEP: DESTRUÍR É O PLAN”, impulsado pola plataforma SOS SANIDADE PÚBLICA.
Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA, foi a encargada de dar a benvida aos asistentes, comentar diversos pormenores relacionados coa organización do acto e presentar a Manuel Martín, médico e voceiro de SOS Sanidade Pública que se encargou de manifestar, e primeiro lugar, a súa preocupación polo deterioro do sistema sanitario galego, sinalando que a administración actual parece estar enfocada en desmantelar a sanidade pública, tema central do documental “DEP: Destruir é o Plan”, que busca responder a preguntas cruciais como: Que está a pasar coa nosa sanidade? Cales son os motivos deste deterioro? A onde nos conduce esta situación? E, sobre todo, existe esperanza de solucións?
Manuel Martín comentou tamén que este documental preséntase como unha chamada urxente á acción e á reflexión sobre o futuro da sanidade pública en Galicia, instándonos a non permanecer inactivos fronte a unha problemática que nos afecta a todos, salientando a importancia de presionar e mobilizarse para intentar cambiar esta realidade.
A continuación, procedeuse á proxección de “DEP: Destruír é o plan”, onde puidemos observar unha radiografía detallada da situación da sanidade en Galicia. A través de múltiples voces, desde profesionais sanitarios ata usuarios e xornalistas, o documental foi dando conta da gravidade da situación actual.
O evento concluíu cun coloquio, onde se debatíu sobre a posibilidade de crear unha plataforma local para abordar os problemas expostos no documental, no caso de que se detecten situacións similares na nosa vila.
Dende o IESCHA queremos dar as grazas a Manuel Martín pola súa participación neste acto e facelas extensivas a todas as persoas que forman parte da plataforma SOS SANIDADE PÚBLICA.
Moitas grazas tamén ao persaol técnico do Auditorio Municipal e ao público asistente.
Ata a próxima!
VIDEO RESUME>>>>> https://www.facebook.com/watch?v=1567405867142037