
O pasado mércores, 23 de abril, na celebración do Día do Libro, unha representación do IESCHA, formada por Marisa Barreiro, Chema Felpeto e Manuel C. Santamariña, realizou unha visita moi especial á Residencia de Persoas Maiores de Vilalba.
Alí, tiveron a oportunidade de compartir uns momentos entrañables coas persoas residentes, dando lectura a varios fragmentos de obras de autores galegos, entre outros, Manuel María, Álvaro Cunqueiro, Uxío Gracía Amor…
Unha experiencia enriquecedora, chea de complicidade, afecto e sorrisos, poñendo en valor o poder da palabra e a importancia de compartir a nosa cultura e a nosa lingua.
Dende o Iescha, temos que trasladar o noso agradecemento á directiva, persoal e residentes da institución por ternos invitado ao acto e pola súa cálida acollida.








