Coa asistencia de numeroso público que enchía o salón de actos da Casa da Cultura de Vilalba, levouse a cabo este venres unha mesa redonda baixo o título de “Manuel Fraga Iribarne, na luz e na sombra”, organizada polo Instituto de Estudos Chairegos e na que interviron Xesús Palmou, Lourenzo Fernández Prieto, Agustín Baamonde e Antón Baamonde. Realizou a tarefa de moderador, Baruk Domínguez.
Agradecemos a todos eles a boa disposición mostrada á hora de participar neste acto aportando cadanseu punto de vista ao redor de tan controvertido personaxe.
Facemos extensivo o agradecemento a todo o público asistente.