VII EDICIÓN DA EXPOSICIÓN TAL COMO ERAMOS-FOTOS PARA O RECORDO-GUITIRIZ. INAUGURACIÓN 20-01-2023, ÁS 20:00 H. NA ESCOLA HABANEIRA

A Escola Habaneira acollerá desde o vindeiro venres, 20 de xaneiro a VII edición de TAL COMO ERAMOS, unha nova exposición de fotografía antiga de Guitiriz e a súa xente, organizada polo Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración co Concello de Guitiriz. Nela mostraranse 120 fotos en branco e negro e de temática diversa; lugares, festas, persoas soas ou en grupos, traballos, ocio ou deporte da nosa vila.

O acto de inauguración da mostra terá lugar ese mesmo venres 20 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Escola Habanera, e estará aberta para todos os públicos. Ademais, neste acto realizarase o visionado comentado de todas as fotos expostas e tamén actuarán o grupo de pandereteiros/as “Na casa Zoqueiro” e a Coral de Xermolos.

As persoas que visiten esta exposición poderán gozar e aprender como era Guitiriz hai décadas e como vivían, como vestían, como se divertían e como traballaban as persoas que habitaban a vila na segunda metade do século pasado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad