
Durante os meses de xaneiro e febreiro deste ano 2025, os corredores de Secundaria do CPI “DR. LÓPEZ SUÁREZ” DE FRIOL contan coa mostra fotográfica ‘A PEDRA SECA’ do profesor XOSÉ MANUEL IRIMIA, cedida polo Instituto de Estudos Chairegos para o desfrute da comunidade educativa.
Aproveitarán a estancia da exposición para traballar co alumnado na familiarización cos elementos do patrimonio arquitectónico popular e etnográfico galego.
Esta actividade enmárcase no Proxecto TERRA no que participa o Centro neste curso.