ACTO DO IESCHA. PRESENTACIÓN DO LIBRO “CANTOS DE DOR E LIBERDADE. VOCES GALEGAS POR PALESTINA” – VENRES 16 DE OUTUBRO DE 2026, ÁS 19:00 HORAS, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA

O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS, coa colaboración do CONCELLO DE VILALBA, organiza a presentación do libro CANTOS DE DOR E LIBERDADE. Voces galegas por Palestina, que terá lugar o vindeiro venres 16 de outubro, ás 19:00 h., na Casa da Cultura de Vilalba.

No acto podermos escoitar algúns dos poemas na voz das súas autoras.

Esta proposta solidaria foi promovida por Galiza por Palestina, Mar de Lumes, Jenín e Pallasos en Rebeldía, coa colaboración de BDS-GALIZA, da editora Tempo Galiza e das persoas autoras que cederon os dereitos das súas creacións, entre as que se atopan nomes moi representativos da literatura e da cultura galegas.

A obra, da que se presenta xa a 3ª edición, é un proxecto participativo que, como se di nas palabras finais do volume, “quere ser máis unha expresión da inmensa solidariedade galega co pobo palestino. Do mesmo modo que millares de persoas saen ás rúas da Galiza en protesta polo xenocidio que o sionismo está o cometer en Gaza, poetas e artistas alzan aquí as súas voces e as súas mans para deixar constancia da dor e da rabia por tanto crime e tanto infamia, mais tamén da esperanza dun futuro de Paz e Liberdade en toda a terra da Palestina.”

Os beneficios obtidos da venda deste libro irán integramente destinados á UNRWA para a axuda humanitaria á poboación de Gaza.

Cada libro adquirido é unha achega á saúde, á educación e ao apoio psicosocial da poboación palestina en Gaza. Cada presentación é un espazo de memoria, cultura e compromiso.

O proxecto segue medrando: coa terceira edición xa en marcha, o libro amplía os seus contidos ata as 284 páxinas coa incorporación de novas poetas e ilustradoras.

Entrada de balde.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad