Bernardo xa ten a súa praza no barrio no que durante varios anos estivo ao fronte da parroquia levando a cabo a labor pastoral, preocupándose polos máis necesitados e participando ademais activamente na vida sociocultural da cidade.
Nun sinxelo, merecido e emotivo acto, ao que asistiu unha numerosa representación do Iescha, poidemos constatar o moito e ben que ese legado de Bernardo, un dos bos e xenerosos do bardo Pondal, perdura na memoria de toda aquela xente que conviviu con el nesa parroquia de Ferrol Vello, onde, a partir de agora, unha das súas prazas levará o seu nome. Parabéns a todas as persoas que o fixeron posible! Parabéns, páter!