O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, remata a programación do ciclo de cine galego proxectando outra das películas finalistas dos Premios Mestre Mateo’2021, LÚA VERMELLA, do director LOIS PATIÑO, que terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o vindeiro sábado 29 de maio, ás 19:30 horas.