O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección da película documental Emoción, vida e teatro. A Nave das Marías, de Saamira Ganay e Cris Andina, continuando así co CICLO MESTRE MATEO que durante o último trimestre do presente ano 2024 brindaranos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXII PREMIOS MESTRE MATEO.
Esta quinta proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o DOMINGO 10 DE NOVEMBRO DE 2024, ás 20:00 horas.
SINOPSE �
Este documental fala da importancia do teatro como ferramenta de intervención social. As persoas implicadas no proceso de creación da peza teatral “A Nave das Marías” contan en primeira persoa como as clases de teatro e o proceso creativo influiron nese momento das súas vidas, deixando testimonio de como o teatro pode ser unha ferramenta sorprendente e efectiva, porque pode cambiar ás persoas e pode cambiar as vidas. “A Nave das Marías” foi unha peza teatral creada dentro dun programa da ONG Ecos do Sur para facilitar espazos de participación e visibilización para mulleres migrantes impulsando procesos de sensibilización social en cuestión de xénero.
FICHA TÉCNICA
● Interveñen: Gladys Judith Orosco Sobrado, Daniela
Santamaría Castro, Hortensia Rossi Decena, Sandra Magela,
● Productora: Ecos do Sur ONG Moreira Freccero, Gladys María García Carbajal,
● Dirección: Saamira Ganay e Cris Andina Norma Quispe Zenteno, Johana Patricia Senior Fabregas,
● Montaxe: Cris Andina e Saamira Ganay Rita Cabello, Nerea González López, Saamira Ganay
● Realización, iluminación, son e edición: Cris Andina
● Calificación por idades: Non recomendada a menores de 12
● Voz en Off: Nerea González
● Duración: 48 min
● Música: Mojo Productions
● Gravacións Timelapse: Envato Elements CANDIDATURAS XXII PREMIOS MESTRE MATEO
• Finalista: Mellor documental
A ENTRADA SERÁ DE BALDE, PERO HABERÁ QUE REALIZAR A CORRESPONDENTE RESERVA BEN NA PÁXINA WEB DO CONCELLO, BEN NA CASA DA CULTURA OU O MESMO DÍA NO AUDITORIO
https://ciclomestremateo.galhttps://www.deputacionlugo.gal/…/areasgoberno/cultura