
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, a Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello de Vilalba, organiza a PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL: O SILENCIO HERDADO, de Lucía Dapena González, continuando deste xeito co CICLO MESTRE MATEO-2026 que nos está brindanado a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXIV PREMIOS MESTRE MATEO.
Esta SÉTIMA proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o domingo 18 de outubro de 2026, ás 20:00h.
A entrada é de balde, pero haberá que facer a correspondente reserva de localidade en entradasvilalba.es
SINOPSE
LUCÍA (27) achégase á súa avoa EDILIA (86) buscando respostas, pero só atopa silencio. O silencio de EDILIA é longo, de raíces profundas. Un silencio escuro, doloroso, imposible de romper. Cando LUCÍA entende que EDILIA nunca lle dará as respostas que busca, decidirá mirar ese silencio, escoitalo con paciencia e determinación, tratando de comprendelo. EDILIA, talvez querendo, talvez sen querer, acompañaraa. Xuntas exploran os límites da palabra e da imaxe, facendo dese silencio o seu lugar de encontro.
DURACIÓN: 82 min
FICHA TÉCNICA
Dirección: Lucía Dapena González
Guión: Lucía Dapena González e Liliana Díaz
Produción executiva: Paulina Martínez, Suso López, Matheus Mello
Dirección de produción: Paulina Martínez, Matheus mello
Imaxe: Lucía C. Pan, Lucía Dapena
Montaxe: Juan Soto Taborda, Liliana Díaz
Son directo: Eloy Táboas
Deseño sonoro: La Panificadora Estudios
Etalonaxe: Martí Somoza
Composición musical: Alejandro da Rocha
CANDIDATURAS XXIV PREMIOS MESTRE MATEO
Documental
