
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, Academia Galega do Audiovisual e o Concello de Vilalba, organiza a proxección da longametraxe de ficción AS NEVES,dirixida por SONIA MÉNDEZ, película gañadora, entre outros, do Premio Mestre Mateo á mellor longametraxe de ficción. Deste xeito, rematamos coas proxeccións correspondentes ao CICLO MESTRE MATEO-2025 que durante os últimos meses brindounos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXIII PREMIOS MESTRE MATEO.
Esta DÉCIMA proxección, e última do Ciclo Mestre Mateo por este ano, terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o domingo 9 de novembro de 2025, ás 20:00h.
A entrada será de balde apero haberá que facer reserva de localidade na web www.entradasvilalba.es ou na Casa da Cultura de Vilalba
SINOPSE
As Neves é unha vila de montaña onde todos se coñecen. Na noite de Entroido un grupo de adolescentes celebra unha festa na que se drogan con cogomelos por primeira vez. O día seguinte espertan cun temporal de neve e coa noticia de que Paula, unha das rapazas da festa, desapareceu. Mentres, a vila queda incomunicada e cae internet. Cada vez é más urxente atopala. Comeza unha investigación que causará un profundo cambio nas súas vidas e na súa relación co mundo.
FICHA TÉCNICA
Dirección e guión: Sonia Méndez
Produción: Nati Juncal, Pedro Hernández
Produción executiva: Nati Juncal, Sonia Méndez, María Beltrán, Andrea Moya
Dirección de fotografía: Lucía C. Pan
Compositor BSO: Andy Bell
Montaxe: Juliana Montañés
Dirección de produción: Silvia Fuentes, Nati Juncal
Son directo: Daniel Fernández
Deseño de son: David Machado, Javier Pato
Produción BSO: Xavi Font
Dirección de casting: Sonia Méndez
Dirección de arte: Elia Robles
Vestiario: María Porto
Maquillaxe e perruquería: Sonia García
Axudante de dirección: Alicia Díaz
Xefe de produción: Adrián Pino
VFX: David Teijeiro
Reparto: Andrea Varela, David Rodríguez, Antía Mariño, Xacobe Bruña, Irene Rodríguez, Diego Caro, Santi Carmena, Jannifer Soto, Adriana Fernández, Lucía Veiga, Luisa Merelas, Xabier Deive, Iolanda Muíños, Federico Pérez, Patricia Vázquez, Alberto Rolán
Duración: 83 min.
CANDIDATURAS XXIII PREMIOS MESTRE MATEO
Mellor dirección – Mellor longametraxe – Mellor dirección de arte – Mellor maquillaxe e perruquería – Mellor dirección de fotografía – Mellor montaxe – Mellor dirección de produción – Mellor música orixinal – Mellor guión Mellor son – Mellor interpretación feminina de reparto – Mellor vestiario – Mellor interpretación feminina protagonista
https://estudoschairegos.gal – https://www.vilalba.gal – https://www.academiagalegadoaudiovisual.gal – https://cultura.deputacionlugo.gal https://ciclomestremateo.gal
