
O Instituto de Estudos Chairegos, ante o recente pasamento de Dª María Luisa Mejuto, nai da nosa presidenta, Marisa Barreiro Mejuto, quere manifestar o seu máis sincero e profundo pesar.
Neste momento de dor, a Xunta Directiva, en nome propio e no de socios e socias do IESCHA, queremos acompañar a nosa Presidenta e a súa familia, facéndolles chegar unha forte aperta, o noso afecto e a nosa solidariedade.
Que a terra lle sexa leve.
Con todo o noso cariño,
A Xunta Directiva do IESCHA

