
En lembranza de Bernardino Graña.
Hoxe Galicia chora a perda dun dos seus fillos máis ilustres, Bernardino Graña, poeta que soubo plasmar nas súas verbas a esencia mesma da nosa terra. A súa obra emerxe como un canto ao mar, ás xentes do noso país e á lingua que tanto amou e defendeu.
Graña foi unha voz firme na defensa da cultura e identidade galegas. Comprometido cos valores do noso pobo, destacou como membro do grupo Brais Pinto, esa mocidade rebelde e renovadora que soubo erguer a bandeira da nosa literatura nunha época difícil. A súa poesía, chea de beleza e compromiso, transpórtanos a un espazo de intimidade universal, onde cada palabra é unha onda que nos envolve, un berro que nos lembra quen somos e de onde vimos.
Hoxe despedimos a Bernardino Graña, mais o seu legado permanecerá vivo, acompañándonos como a música eterna do mar á que tanto cantou.
Que a terra che sexa leve, Bernardino!
A XUNTA DIRECTIVA DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS DE VILALBA