
O Instituto de Estudos Chairegos, co patrocinio da Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputacion de Lugo e a colaboracion do Concello de Vilalba, organiza, dentro dos actos previstos para conmemorar o MES DE ROSALÍA, a exposición ROSALÍA. PROCLAMAR AO MUNDO QUE GALIZA EXISTE, producida por Galiza Cultura e Vía Galega, con textos de Francisco Rodríguez e ilustrada con debuxos de Pepe Carreiro.
A exposicion poderase visitar na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba dende o 6 ata 27 de febreiro de 2026, no horario habitual do Auditorio Municipal.
A mostra, conformada por 20 paneis, afonda na biografía de Rosalía de Castro, no contexto histórico e social no que desenvolveu a súa creación literaria e na relevancia e actualidade dos seus textos.
O proxecto busca poñer en valor a figura dunha autora que, como subliñan os organizadores, foi “unha muller consciente do seu tempo e do seu país, que defendeu o dereito de galegos e galegas a termos unha literatura propia e moderna”. (texto extraído de lugoxa.com)
