
FRAN FERNÁNDEZ DAVILA é o gañador do IX Premio AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ DE NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL POLA IGUALDADE. O ditame do Xurado foi emitido onte sábado 25 de outubro e 2025 na GALA DE ENTREGA DO VIII PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ a EVA MEJUTO, gañadora na edición do ano pasado.
O libro gañador deste IX PREMIO foi presentado por FRAN FERNÁNDEZ DAVILA baixo o lema de: O MURO.
“Lucía deixa de xogar ao fútbol aos nove anos, cando o seu pai desfíxolle o balón cunhas tesoiras. Dende entón, adestrar converteue para ela nunha actividade clandestina que lle proporciona os únicos momentos de felicidade da semana. Esta é unha historia que afonda nos segredos familiares, na incomunicación entre pai e filla, na difcultade de xestionar as emocións e de perseguir os soños, así como do fútbol máis aló do deporte.”
ALGÚNS DATOS BIOGRÁFICOS
Francisco Javier Fernández Davila, coñecido como Fran Fernández Davila, nado en Canido en 1974, é un enxeñeiro e escritor galego.
Licenciado en Enxeñaría de Minas e Enerxía e cun MBA en Responsabilidade Social Corporativa na Universidade de Vigo, traballa ligado ao mundo do frío industrial dende o ano 2000. Comezou a escribir no ano 2016 asistindo a diversos obradoiros de formación con Clara do Roxo, Antón Riveiro Coello, Suso de Toro, José Monteagudo, Antonio García Teijeiro, Silvia Penas, Estíbaliz Espinosa, Baldo Ramos e Míriam Ferradáns entre outras.
Declarado fan de Alessandro Baricco, é autor de cinco novelas e tres poemarios individuais, amén de máis dunha ducia de participacións en publicacións colectivas e trinta premios literarios.
ALGÚNS DATOS BIBLIOGRÁFICOS
Narrativa
A senda de sal (2017). Vigo: Editorial Galaxia
Alana (2018). Noia: Editorial Toxosoutos
Primavera. A camareira, o cuarto e o libro de poemas (2023). Allariz: Fundación Vicente Risco.
Groenlandia (2023). Vigo: Literaria, Galaxia.
Infanto-xuvenil
O bosque do duque. ‘s-Hertogenbosch (2022). Vigo: Editorial Galaxia
Poesía
Mover os marcos (2019). Instituto de Estudos Miñoráns
koиpostэla (2023). Concello de Padrón.
palabras mortas (2024). Medulia Editorial.
atravesar o don (2025). Editorial Caldeirón.
