O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS DE VILALBA EN HOMENAXE A CASTELAO NO 75º CABODANO. PROGRAMA DE ACTOS PARA OS VINDEIROS DÍAS

Castelao foi unha figura clave do galeguismo e da cultura galega contemporánea, destacando como intelectual, político, artista e defensor incansable da identidade galega, así como o seu compromiso coa liberdade, a democracia e a dignidade do pobo galego.

É por iso que o Instituto de Estudos Chairegos de Vilalba quere sumarse á celebración do ANO CASTELAO, cando se cumplen 75 anos do seu pasamento. Esta efeméride queremos unila tamén á conmemoración do plebiscito do Estatuto de Autonomía de Galicia, celebrado o 28 de xuño de 1936, no que, segundo o reconto oficial, votou o 74,56% do censo, cun apoio do 99,24% ao Estatuto.

No marco destas celebracións, o IESCHA ten programados os seguintes actos:

26/06.- Exposición “Sempre en Galiza (1934-1944)”, que estará aberta na Casa da Cultura de Vilalba dende este xoves, 26 de xuño, ata o 4 de xullo, data na que será trasladada ao Auditorio Municipal para facer un paseo acompañados por Álvaro Gil Varela e Virginia Pereira. A exposición está organizada e financiada pola Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a Rede Museística Provincial de Lugo, a Fundación Castelao e a Cátedra Castelao da USC.

03/07.- Palestra “CASTELAO POLÍTICO 1916-1950” impartida por Uxio-Breogán Diéguez. Xoves, 3 de xullo, ás 20:00 h., na Casa da Cultura de Vilalba.

04/07.- Obra de teatro “COUSAS de CASTELAO”, a cargo do grupo Os Quinquilláns. Venres, 4 de xullo, ás 20:00 h., no Auditorio Municipal de Vilalba. Acto financiado pola Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Así mesmo, dentro da actividade do Clube de Lectura, o Iescha na escolla do libro para o vindeiro mes de xullo optou por SEMPRE EN GALIZA, de Castelao.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad