PROXECCIÓN DA LONGAMETRAXE “HONEYMOON”, DE ENRIQUE OTERO. MÉRCORES 15-10-2025, ÁS 20:30 HORAS, NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, Academia Galega do Audiovisual e o Concello de Vilalba, organiza a proxección da longametraxe de ficción HONEYMOON, dirixida por ENRIQUE OTERO, continuando así co CICLO MESTRE MATEO-2025 que durante os próximos meses brindaranos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXIII PREMIOS MESTRE MATEO.

Esta OITAVA proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o mércores 15 de outubro de 2025, ás 20:30 horas.

A entrada será de balde apero haberá que facer reserva de localidade na web www.entradasvilalba.es ou na Casa da Cultura de Vilalba

SINOPSE

Eva e Carlos son un matrimonio en destrucción. Unha parella en ruinas. Só Jonás, o fillo que un día tiveron xuntos, mantennos unidos. Quizais unidos non sexa a palabra. Agora Jonás acaba de morir nun accidente absurdo a miles de kilómetros de casa, nos Estados Unidos, durante unha visita aos avós paternos, e a Eva e Carlos xa non os une nada. Só a necesidade case física de repatriar o cadáver do seu fillo. Só a necesidade case física de perderse de vista, e para sempre, despois.

FICHA TÉCNICA

Dirección: Enrique Otero

Dirección de produción: Adrián Pino

Dirección de fotografía: Sergio Franco

Dirección de arte: Inés Rodríguez

Música orixinal: Pablo Sanmamed

Guión: Roberto G. Méndez, Enrique Otero

Montaxe: Adrián Pino

Deseño de son: Pablo Rega, Diego Staub

Vestiario: María Fandiño

Maquillaxe e perruquería: Carmen Porto

Son directo: Carlos Mouriño

Deseño efectos dixitais: Ernesto Matilla

Posprodución de vídeo: Alfonsín Digital Lab, Zabriskie Films

Reparto: Javier Gutiérrez, Nathalie Poza, María Vázquez, Silvia Sirui, Fernando Albizu, Antonio Durán «Morris», Pablo Derqui. Miquel Insua, Desiré Pillado, María Tasende, Berta Ojea, César Goldi, Susana Dans, Sergio Zearreta, Miguel Ángel Tobías, Marta Lado

Duración: 89 min.

CANDIDATURAS XXIII PREMIOS MESTRE MATEO

Mellor dirección-Mellor son-Mellor dirección de fotografía-Mellor vestiario-Mellor guión-Mellor montaxe-Mellor interpretación feminina de reparto-Mellor longametraxe-Mellor interpretación masculina de reparto-Mellor interpretación masculina protagonista

https://estudoschairegos.galhttps://www.vilalba.galhttps://www.academiagalegadoaudiovisual.galhttps://cultura.deputacionlugo.galhttps://ciclomestremateo.gal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Vindeiras actividades

Esta web emprega cookies propias para o seu correcto funcionamento. Ao premer o botón Aceptar, aceptas o uso destas tecnoloxías e o procesamento dos teus datos para estos propósitos.    Máis información
Privacidad