
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Área de Cultura-Vicepresiencia da Deputacion de Lugo, Academia Galega do Audiovisual e o Concello de Vilalba, organiza a proxección da longametraxe XUSTIZA ARTIFICIAL,dirixida por SIMÓN CASAL, continuando así co CICLO MESTRE MATEO-2025 que durante os próximos meses brindaranos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXIII PREMIOS MESTRE MATEO.
Esta QUINTA proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o xoves 25 de setembro de 2025, ás 20:00 horas.
Sinopse
O goberno español anuncia un referendo para aprobar un sistema de Intelixencia Artificial na Administración de Xustiza que promete automatizar e despolitizar a xustiza substituíndo, na práctica, aos xuíces e xuízas en todos os tribunais do país. O referendo desata unha encarnizada campaña electoral na que se enfrontan o Goberno, en alianza coa tecnolóxica creadora do sistema, e a carreira xudicial, que defende o carácter humano da xustiza.
Carmen Costa, unha recoñecida xuíza, é convidada a traballar no desenvolvemento do proxecto, pero a repentina desaparición de Alicia Kóvack, creadora do sistema, provoca unha gran desconfianza nela, ata o punto de entender que está a descubrir a punta do iceberg dunha conspiración que pretende controlar, desde a xustiza, a todo un país.
FICHA TÉCNICA
Dirección: Simón Casal
Guión: Simón Casal, Víctor Sierra
Dirección de produción: Carlos Amoedo
Axudantes de produción: Alberto Alén, Luis Otero, Andrés Nadal, Andrea Pena
Dirección de arte: Curru Garabal
Dirección de fotografía: Diego Cabezas
Axudante de cámara: Víctor Rodríguez
Foto fixa: Óscar Roca
Montaxe: Irene Blecua
Maquillaxe e perruquería: Sandra Pinto, Miguel Teixeira
Música orixinal: Sofía Oriana
Son: Diego Casares
Vestiario: Marta Anta
Reparto: Verónica Echegui, Tamar Novas, Alba Galocha, Lúcia Moniz, Afonso Pimentel, Paula Morado, Ledicia Sola, Xabier Deive, Santi Prego, Alberto Amman, Marco D’Almeida, Monti Castiñeiras, Xose Esperante, Toni Salgado, Melania Cruz, Saamira Ganay
Duración: 98’
CANDIDATURAS XXIII PREMIOS MESTRE MATEO
Mellor longametraxe
https://estudoschairegos.gal – https://www.vilalba.gal – https://www.academiagalegadoaudiovisual.gal – https://cultura.deputacionlugo.gal https://ciclomestremateo.gal
A entrada será de balde apero haberá que facer reserva de localidade na web www.entradasvilalba.es ou na Casa da Cultura de Vilalba
