O Instituto de Estudos Chairegos organizou na noite deste venres, na Casa da Cultura de Vilalba, a presentación do libro “De entre as tebras”, de Alex Pernas.
Inicia o acto Marisa Barreiro, presidenta do Iescha, condenando unha vez máis a masacre que sofre o pobo palestino. A continuación, presenta ao escritor Alex Pernas, coruñés, enxeñeiro informático, músico, comprometido socialmente cos colectivos mais desprotexidos e inconformista. Defíneo tamén como persoa que tira por terra os modelos que a sociedade tenta vender. Fala Marisa un pouco dalgún dos seus libros: “Xarfas”, “A paga” e “De entre as tebras”, o que se presenta nesta ocasión, un libro de lendas que percorre diversos ámbitos xerográficos de Galicia, mantendo a forma falada de cada zona.
Toma a palabra o autor do libro, Alex Pernas: Fala do proceso de creación do mesmo. Fala das características principais das lendas que o conforman. Fala do natural, do sobrenatural, das certezas, das incertezas; das cousas facilmente explicables e doutras sen explicación. Fala dos demos, das meigas, dos espíritos, do medo ao descoñecido, dos lobishomes. Fala tamén das variantes dialectais do galego de cada zona onde se producen os relatos. Fala, en fin, de como un traballo, en principio, académico tornou en algo máis literario.
E finaliza lendo algún fragmento do libro.
Interesante charla con participación final do público asistente.
Dende o Iescha, agradecemos sinceramente a Alex Pernas a súa participación neste acto, agardando poder contar con el en futuras publicacións súas.
Grazas tamén ao público asistente.
Ata a próxima!!!
VIDEO RESUME>>>>> https://fb.watch/rRO_6RHPe0