Unha gran alegría tivemos no IESCHA ao recibir esta mañá a visita dun grupo de persoas da Residencia de Maiores de Vilalba á Sala de Exposicións do Auditorio para contemplar á mostra de fotografía antiga TAL COMO ERAMOS.
Foron momentos moi entrañables os vividos por todas as persoas que alí se atopaban ao ir percorrendo un por un os paneis que compoñen a referida mostra. As lembranzas que ían experimentando, o recoñecemento da xente que figuraba nas fotos, os comentarios que xurdían do que contemplaban en cada unha delas…
Foron momentos fantásticos, para gardar na memoria…
Dende o Iescha queremos mandar unha forte e agarimosa aperta a todas as persoas que nos visitaron, agardardando que o pasaran estupendamente e que poidamos seguir compartindo con todas elas outras actividades no futuro.