CICLO CINE GALEGO: PROXECCIÓN DE NACIÓN DE MARGARITA LEDO

CICLO CINE GALEGO: PROXECCIÓN DE NACIÓN DE MARGARITA LEDO

Actividades
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración co Concello de Vilalba, continuando co seu compromiso de poñer en valor as producións cinematográficas galegas, ten programado para o sábado 12 de xuño de 2021, no Auditorio Municipal de Vilalba, a proxección da película NACIÓN, da directora chairega MARGARITA LEDO ANDIÓN. O acto dará comezo ás 19:00 horas coa presentación da película por parte da propia directora para proseguir a continuación coa proxección da mesma.
Ler máis
PRESENTACIÓN DO LIBRO O PAU DE FERRO

PRESENTACIÓN DO LIBRO O PAU DE FERRO

Actividades
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración co Concello de Vilalba, organiza a presentación do libro O PAU DE FERRO, de XOSÉ MANUEL FELPETO CARBALLEIRA, que terá lugar na Casa da Cultura de Vilalba o vindeiro venres 4 de xuño de 2021, ás 20:00 horas. Intervirá no acto o autor do libro Xosé Manuel Felpeto, que será presentado pola presidenta do IESCHA, Marisa Barreiro. ​
Ler máis

VILALBA, DONA DA CHAIRA

Actividades
VÍdeo da presidenta do Instituto de Estudos Chairegos, MARISA BARREIRO, que dá inicio á HOMENAXE POPULAR A MANUEL MARÍA baixo a denominación de VILALBA, DONA DA CHAIRA. A partir de hoxe, oito de setembro, cando se cumple o XVI Cabodano do seu pasamento, e durante un tempo, iranse publicando outros remitidos por un importante número de persoas pertencentes a distintos ámbitos, tanto xeográficos como profesionais, e con disitintos formatos: a música, o recitado, a debuxo, a pintura, o comentario, a loa... https://www.youtube.com/watch?v=OJxemifdB-g&ab_channel=IeschaEstudosChairegos
Ler máis
CICLO CINE GALEGO: PROXECCIÓN DE LÚA VERMELLA, DE LOIS PATIÑO

CICLO CINE GALEGO: PROXECCIÓN DE LÚA VERMELLA, DE LOIS PATIÑO

Actividades
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, remata a programación do ciclo de cine galego proxectando outra das películas finalistas dos Premios Mestre Mateo’2021, LÚA VERMELLA, do director LOIS PATIÑO, que terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o vindeiro sábado 29 de maio, ás 19:30 horas.
Ler máis
CICLO CINE GALEGO: PROXECCIÓN DE ARIMA, DE JAIONE CAMBORDA

CICLO CINE GALEGO: PROXECCIÓN DE ARIMA, DE JAIONE CAMBORDA

Actividades
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, continua coa programación do ciclo de cine galego proxectando nesta ocasión outra das películas finalistas dos Premios Mestre Mateo’2021, ARIMA, da directora JAIONE CAMBORDA, que terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o vindeiro sábado 22 de maio, ás 19:30 horas.
Ler máis
O asociacionismo da Terra Chá demanda a recuperación do castelo Caldaloba

O asociacionismo da Terra Chá demanda a recuperación do castelo Caldaloba

Actividades
Dezanove colectivos esixen que as promesas da Consellaría de Cultura se efectivicen realmente rematando co abandono actual Lugo.- As asociacións da Terra Chá reuníronse telematicamente para poñer en común a súaposición a respecto do estado de abandono absoluto no que se atopa o castelo Caldaloba, queameaza coa súa ruína total. O castelo de Caldaloba ou Vilaxoán, que ten a consideración de Ben de Interese Cultural desde1985, segue a día de hoxe nunha situación precaria e de continuo deterioro. Este símbolo daresistencia nobiliaria galega, é de interese para entender as mudanzas significativas e duradeirasque se producen no noso país nas últimas décadas do século XV e que poñen fin á existenciaefectiva do Reino de Galiza. Por tanto, o monumento posúe un valor histórico e simbólico importantísimo pois é de grandeutilidade para…
Ler máis
CICLO CINE GALEGO: PROXECCIÓN DE A ILLA DAS MENTIRAS, DE PAULA CONS

CICLO CINE GALEGO: PROXECCIÓN DE A ILLA DAS MENTIRAS, DE PAULA CONS

Actividades
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, continúa coa programación do ciclo de cine galego proxectando nesta ocasión a película finalista dos Premios Mestre Mateo’2021, A ILLA DAS MENTIRAS, da directora PAULA CONS, que terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o vindeiro sábado 15 de maio, ás 19:30 horas.O ACTO CONTARÁ COA PRESENZA DE MIGUEL MARIÑO, DIRECTOR DA ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUA
Ler máis
CONFERENCIA LETRAS GALEGAS’2021 POR MARTA VEIGA IZAGUIRRE: XELA ARIAS, A VIDA ÍA EN SERIO

CONFERENCIA LETRAS GALEGAS’2021 POR MARTA VEIGA IZAGUIRRE: XELA ARIAS, A VIDA ÍA EN SERIO

Actividades
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), dentro dos actos programados co gallo das Letras Galegas’2021, organiza, en colaboración co Concello de Vilalba, a conferencia “XELA ARIAS, A VIDA ÍA EN SERIO”, impartida por MARTA VEIGA IZAGUIRRE, profesora e xornalista. O acto terá lugar o venres 7 de maio de 2021, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, e será presentado por Marisa Barreiro, presidenta do Iescha. A entrada é libre ata completar aforo, cumpríndose estrictamente a normativa anti-covid.
Ler máis
CICLO DE CINE GALEGO: Proxección de Ons de Alfonso Zarauza

CICLO DE CINE GALEGO: Proxección de Ons de Alfonso Zarauza

Actividades
O Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, a Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello de Vilalba, dá comezo este ciclo de cine coa proxección da película ONS, do director ALFONSO ZARAUZA, flamante gañadora do Mestre Mateo’2021, e que se levará a cabo no Auditorio Municipal de Vilalba o vindeiro sábado 1 de maio, ás 19:30 horas. SINOPSE Mariña é unha illa emocional, un ser illado na procura dun faro que a guíe no escuro. Cando non atopa esa luz séntese perdida, chea de baleiro e de medo á soidade. É na relación con Vicente onde Mariña se aferra como única táboa de salvación. Pero de achegarse excesivamente a el podería acabar por encallar e afundir. É o paradoxo do faro. A…
Ler máis
MESA REDONDA: O desmantelamento do rural

MESA REDONDA: O desmantelamento do rural

Actividades
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) organiza a mesa redonda “O DESMANTELAMENTO DO RURAL” coa que quere unirse á reivindicación da veciñanza de Baamonde de que continúe o alumnado as clases no Colexio desa localidade, fronte ao intento de pechalo por parte do Concello de Begonte e máis da Xunta de Galicia. O acto terá lugar o xoves 29 de abril de 2021, ás 20 horas, na Casa da Cultura. Intervirán as seguintes persoas: -Paula Iglesia Ares, secretaria da ANPA do Colexio de Baamonde e portavoz deste colectivo. -Isabel Calvete Carrera, presidenta da Federación de ANPAS de centros de Ensino Público da provincia de Lugo (FAPACEL) e vicepresidenta da Confederación Galega de ANPAS. -Xosé Luís González Farelo, presidente da Asociación de Veciños/as de Baamonde. A entrada será libre ata completar…
Ler máis