LOTE QUE SE ENVÍA @S SOCI@S NOS VINDEIROS DÍAS POR AXENCIA

LOTE QUE SE ENVÍA @S SOCI@S NOS VINDEIROS DÍAS POR AXENCIA

2022, Actividades, Publicacións
Informamos a@s soci@s do IESCHA que nos vindeiros días empezarán a repartirse, mediante axencia, os lotes correspondentes a este pasado ano e que estarán formados por: Libro CONVERSAS ARREDOR DE XORIMALibro RELATORIOS XORNADAS 2018 E 2019Revista PENA DO ENCANTO, No 11Pequena caixa contendo o USB recompilatorio dos videos da homenaxe “VILALBA, DONA DA CHAIRA” a Manuel María eCalendario 2022 O lote vai acompañado dunha nota informativa na que, á parte de detallar o contido do lote, inclúese unha pequena táboa de datos coa fin de que poidan remitirse ao Iescha todos aqueles cambios que se poideran ter producido con respecto aos aportados inicialmente. Feliz Ano 2022!!! ​
Ler máis
PRESENTACIÓN DO LIBRO: CONVERSAS ARREDOR DE XORIMA (ADIADA)

PRESENTACIÓN DO LIBRO: CONVERSAS ARREDOR DE XORIMA (ADIADA)

Actividades
O vindeiro 26 de decembro presentarase na capital chairega o libro Conversas arredor de Xorima, de Paulo Naseiro, editado polo Instituto de Estudos Chairegos. O evento marca o despegue do Proxecto Xorima, un proxecto transmedia que busca homenaxear o grupo de folk Xorima a través de múltiples medios e plataformas, recuperando a súa memoria e reunindo os membros da primeira formación despois de corenta anos. Xorima foi un grupo revelación no nacente folk instrumental galego dos anos oitenta. Chegaron a actuar nos máis importantes festivais de folk en Galicia e traspasaron as súas fronteiras para acudir a citas como o Festival Intercéltico de Lorient. Do seu paso pola historia do folk galego deixaron pegada nun disco gravado en 1985.
Ler máis
VI EXPOSICIÓN: TAL COMO ERAMOS

VI EXPOSICIÓN: TAL COMO ERAMOS

Actividades, Exposicións
Nova exposición de fotografía antiga de Guitiriz e a súa xente. É xa a sexta que organiza o Instituto de Estudos Chairegos, que correspondería facer xa no pasado ano, pero que foi adiada por mor da Covid-19. Como nas anteriores edicións, nesta exposición móstranse 120 fotos en branco e negro e de temática diversa; lugares, festas, persoas soas ou en grupos, traballos, ocio, deporte, etc. Con cada unha delas podemos gozar coa lembranza ou aprender como era a nosa vila hai décadas e como vivían, como vestían, como se divertían, como traballaban, etc. os guitiricenses da segunda metade do século pasado. Esta exposición, ao igual cas pasadas, estará aberta ao público na Escola Habaneira, a partir do venres, 17 de decembro, ás 19h. Ese mesmo día realizarase o visionado comentado…
Ler máis
NEGRO PÚRPURA DE SABELA IGLESIAS E ADRIANA P. VILLANUEVA

NEGRO PÚRPURA DE SABELA IGLESIAS E ADRIANA P. VILLANUEVA

Actividades, Cine
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) e a Vicepesidencia-Área de Cultura da Deputación de Lugo, en colaboración co Concello de Vilalba, organizan para o venres 5 de novembro de 2021, no Auditorio Municipal de Vilalba, a proxección da película-documental NEGRO PÚRPURA, producida por ILLA BUFARDA e dirixida por SABELA IGLESIAS e ADRIANA P. VILLANUEVA. O acto dará comezo ás 20:00 horas e contará coa presenza das dúas directoras do film para facer a presentación do mesmo.
Ler máis
ENTREGA DO IV PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ A IRIA MISA,  POR A CIDADE DO ÁTOMO

ENTREGA DO IV PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ A IRIA MISA, POR A CIDADE DO ÁTOMO

Actividades, Premio Agustín Fernández Paz
O Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia organizan o acto de entrega do IV Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade á escritora gañadora, IRIA MISA, polo seu libro A CIDADE DO ÁTOMO, que terá lugar o sábado, día 23 de outubro de 2021, ás 20:00 horas, no AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA. O referido acto, presentado por CARMEN HERMIDA, contará coa intervención de MARISA BARREIRO, presidenta do Iescha, ELBA VELEIRO, alcaldesa de Vilalba; FRAN ALONSO, director de Edicións Xerais de Galicia; MANUEL BRAGADO, membro do Xurado, e IRIA MISA, gañadora do premio. Durante o acto irán producíndose distintas actuacións relacionadas coa música, coa poesía, cos textos teatrais, coa imaxe… Para elo, contamos coa participación de: BMV ENSEMBLE, interpretando o…
Ler máis

LOIS PÉREZ DÍAZ GAÑADOR DO V PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

Actividades
O sábado 23 de outubro de 2021, ás 17:00 horas, reuniuse, no local do IESCHA da Casada Cultura, o Xurado do V Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenilpola Igualdade, convocado polo Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba eEdicións Xerais de Galicia, e formado por Dª Iria Misa Peralba, D. Manuel BragadoRodríguez e D. Xosé Lastra Muruais. Unha vez rematada a reunión emiten o seguinteDITAME: O Xurado acorda, por unanimidade, outorgar o V Premio Agustín Fernández Paz denarrativa infantil e xuvenil pola igualdade á obra titulada A GRUTA DA TORREpresentada baixo o lema ou seudónimo de UN PESO SEMPRE SE GASTOU.Unha vez aberta a plica, resultou ser o seu autor LOIS PÉREZ DÍAZ. O xurado salienta da obra gañadora o interese da trama que se desenvolve…
Ler máis
DEBATES NECESARIOS: QUE SABEMOS DO PXOM?

DEBATES NECESARIOS: QUE SABEMOS DO PXOM?

Actividades
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), continuando coa súa programación anual, organiza para os días 22 e 29 de outubro de 2021 senllos actos que teñen como temática común o PXOM (PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL). Baixo o título común de QUE SABEMOS DO PXOM?, estes dous actos consistirán no seguinte: •O venres 22 de outubro de 2021, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, terá lugar unha conferencia a cargo de Fátima López Souto, que leva por título “O Planeamento. Ferramenta para facer cidade”. Presentará Marisa Barreiro. •O venres 29 de outubro de 2021, ás 20:30 horas, tamén na Casa da Cultura de Vilalba, levarase a cabo un debate entre representantes de catro partidos políticos vilalbeses: Bloque Nacionalista Galego (BNG), Partido Popular (PP), Partido Socialista (PSOE) e…
Ler máis
CONCERTO HOMENAXE A MANUEL MARÍA: GRUPO SOL DO FARO BRASS DE CHANTADA

CONCERTO HOMENAXE A MANUEL MARÍA: GRUPO SOL DO FARO BRASS DE CHANTADA

Actividades
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración co Concello de Vilalba, organiza un concerto homenaxe a Manuel María a cargo do grupo musical SOL DO FARO BRASS de Chantada, todo elo dentro do programa MUSIQUEANDO convocado e financiado pola Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística da Vicepresiden-cia da Deputación de Lugo. O acto terá lugar o sábado 25 de setembro de 2021, ás 20:00 horas, na entrada da  CASA DA CULTURA DE VILALBA, ao carón da escultura de MANUEL MARÍA. No caso de mal tempo, o concerto levaríase a cabo no Auditorio Municipal. 
Ler máis