
VIDEO-RESUMO FOTOGRÁFICO DA CONVERSA CON GERMÁN CASTRO AO REDOR DE ÁNGELES ALVARIÑO – CASA DA CULTURA DE VILALBA – 27 DE XANEIRO DE 2023
Nesta pasada tarde-noite de venres, na Casa da Cultura de Vilalba, o Iescha deu comezo a un ciclo de conferencias que terán como protagonista principal á muller. É o primeiro acto deste ciclo resultou moi interesante: Germán Castro, periodista, presidente fundador e, actualmente, presidente de honra do Club de Prensa de Ferrol, conversou con nós ao redor da figura de Angeles Alvariño, zoóloga, oceanógrafa e mestre galega, que desenrolou a súa actividade máis importante nos EEUU. Durante a intervención do conferenciante, poidemos ir coñecendo interesantes detalles biográficos e profesionais da investigadora galega, a quen, entre outras moitas cousas, temos que agradecer a descrición de 22 novas especies planctónicas. Participaron tamén no acto, María Xosé Lamas e Marisa Barreiro que complementaron estupendamente ao conferenciante. Dende o Iescha, queremos agradecer a Germán Castro…