RESEÑA DA XIV RUTA POR GALICIA ADIANTE. ANDANDO AS TERRAS DE VIVEIRO, ORGANIZADA POLO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS. DOMINGO 5 DE XULLO DE 2026 (VIDEO RESUME FOTOGRÁFICO E ACCESO A FOTOS)

RESEÑA DA XIV RUTA POR GALICIA ADIANTE. ANDANDO AS TERRAS DE VIVEIRO, ORGANIZADA POLO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS. DOMINGO 5 DE XULLO DE 2026 (VIDEO RESUME FOTOGRÁFICO E ACCESO A FOTOS)

2026, Actividades, FOTOS, RESEÑA, Vídeos
Hai lugares que se coñecen cos ollos e outros que se descubren tamén co corazón. A XIV Ruta "Por Galicia Adiante – Andando as Terras de Viveiro", organizada polo Instituto de Estudos Chairegos, levounos nesta ocasión ata Viveiro e a súa contorna para vivir unha xornada na que natureza, historia, tradición e mar se deron a man nun fermoso percorrido pola Mariña lucense. A mañá comezou cedo, coa saída desde Vilalba cando o día apenas espertaba. No autobús mesturábanse as conversas, os saúdos de sempre e a ilusión pola viaxe. Acompañounos durante toda a xo Noela Feal, guía oficial de turismo e artesá, quen soubo transmitirnos, con palabra próxima, o valor dos lugares que iamos visitar. O primeiro destino foi o Curro de Candaoso, en Boimente. Alí agardaba unha das…
Ler máis
RESEÑA DO CONCERTO DO PROGRAMA TRADIGALU DE MÚSICA TRADICIONAL (VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN) A CARGO DO GRUPO “OS VALUROS”, DE CASTRO DE REI. SÁBADO 27 DE XUÑO DE 2026. AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA 

RESEÑA DO CONCERTO DO PROGRAMA TRADIGALU DE MÚSICA TRADICIONAL (VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN) A CARGO DO GRUPO “OS VALUROS”, DE CASTRO DE REI. SÁBADO 27 DE XUÑO DE 2026. AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA 

2026, Actividades, FOTOS, RESEÑA, Vídeos
Os Valuros encheron de tradición e participación o Auditorio Municipal de Vilalba O Auditorio Municipal de Vilalba acolleu un concerto de música tradicional organizado polo Iescha, pertencente ao programa TRADIGALU convocado pola Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, e protagonizado por Os Valuros, grupo de música e baile tradicional de Castro de Rei, que leva máis de trinta anos dedicándose á recuperación e difusión da música popular galega. A formación, integrada por persoas de diferentes idades —desde veteranos ata mozas, mozos e mesmo nenas e nenos a partir dos oito anos—, ofreceu un espectáculo no que se combinaron música, canto e baile tradicional, amosando o carácter interxeracional que caracteriza o grupo. A interpretación de pezas coa gaita, o acordeón e a percusión foi acompañada en numerosos momentos por voces e coreografías, ofrecendo unha…
Ler máis
RESEÑA DA PALESTRA “MEMORIA DEMOCRÁTICA”, IMPARTIDA POR XAVIER FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, COA PRESENTACIÓN DE MARISA BARREIRO. VENRES 26-06-2026, CASA DA CULTURA DE VILALBA (VIDEO RESUME E FOTOS)

RESEÑA DA PALESTRA “MEMORIA DEMOCRÁTICA”, IMPARTIDA POR XAVIER FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, COA PRESENTACIÓN DE MARISA BARREIRO. VENRES 26-06-2026, CASA DA CULTURA DE VILALBA (VIDEO RESUME E FOTOS)

2026, Actividades, FOTOS, RESEÑA, Vídeos
A Casa da Cultura de Vilalba acolleu na tarde deste venres 26 de xuño a palestra "Memoria Democrática", organizada polo IESCHA dentro da súa programación cultural do referido mes. O acto, presentado por Marisa Barreiro, contou coa participación do investigador e profesor Xavier Fernández Rodríguez, quen ofreceu unha interesante conferencia centrada na relación entre a escola pública e a memoria democrática en Galicia. Na súa intervención inicial, Marisa Barreiro explicou as razóns que motivaron a organización desta actividade, subliñando a importancia de crear espazos de reflexión arredor da memoria histórica e do papel da educación na construción dunha sociedade máis crítica e democrática. Presentou tamén a traxectoria de Xavier Fernández Rodríguez, profesor de Música no Conservatorio Superior da Coruña e investigador no ámbito das Humanidades, facendo especial referencia á súa…
Ler máis
RESEÑA DO CINEFÓRUM “ECLIPSES NO CINEMA”, A CARGO DE MARTIN PAWLEY, CON MARISA BARREIRO. ORGANIZA IESCHA. COLABORA CONCELLO DE VILALBA. XOVES 25 DE XUÑO DE 2026, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA

RESEÑA DO CINEFÓRUM “ECLIPSES NO CINEMA”, A CARGO DE MARTIN PAWLEY, CON MARISA BARREIRO. ORGANIZA IESCHA. COLABORA CONCELLO DE VILALBA. XOVES 25 DE XUÑO DE 2026, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA

2026, Actividades, FOTOS, RESEÑA, Vídeos
A Casa da Cultura de Vilalba acolleu este xoves 25 de xuño unha moi interesante sesión do cinefórum: "Eclipses no cinema", de Martin Pawley, organizada polo Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) en colaboración co Concello de Vilalba. O acto foi presentado pola presidenta do IESCHA, Marisa Barreiro, quen deu a benvida ao público asistente e presentou ao relator, Martín Pawley, destacando a súa ampla traxectoria como crítico e programador cinematográfico, o seu intenso labor de divulgación cultural e o seu profundo coñecemento tanto do cinema como da astronomía. Tamén puxo en valor o seu traballo nos eidos da contaminación lumínica e da protección do ceo nocturno. Na súa intervención, Martín Pawley iniciou a charla facendo referencia ao esperado eclipse solar total do 12 de agosto de 2026, un acontecemento astronómico…
Ler máis
RESEÑA DA PRESENTACIÓN DO LIBRO “HOXE TOCA LEIVA?”, DE LOIS PÉREZ. CO ACOMPAÑAMENTO DE MARISA BARREIRO. VENRES 19 DE XUÑO DE 2026. BIBLIOTECA MUNICIPAL “AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ” DE VILALBA

RESEÑA DA PRESENTACIÓN DO LIBRO “HOXE TOCA LEIVA?”, DE LOIS PÉREZ. CO ACOMPAÑAMENTO DE MARISA BARREIRO. VENRES 19 DE XUÑO DE 2026. BIBLIOTECA MUNICIPAL “AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ” DE VILALBA

2026, Actividades, FOTOS, RESEÑA, Vídeos
Que mellor lugar para presentar un libro que unha biblioteca, e máis aínda se leva o nome dun dos grandes referentes da literatura galega como Agustín Fernández Paz. Pois ben, a Biblioteca Municipal Agustín Fernández Paz de Vilalba acolleu na tarde deste venres 19 de xuño a presentación da novela Hoxe toca Leiva?, da autoría de Lois Pérez e publicada por Edicións Xerais. O acto, organizado polo Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) coa colaboración do Concello de Vilalba, contou coa participación da nosa presidenta, Marisa Barreiro, que foi a encargada de introducir o encontro e dialogar co escritor. Na súa intervención inicial, Marisa Barreiro cualificou a obra como un libro especial, co que confesou compartir moitas cousas. Destacou ademais o carácter coral da novela, construída arredor de numerosos personaxes que van revelando historias e situacións…
Ler máis
RESEÑA DO ACTO DE PRESENTACIÓN DO LIBRO “SEMENTE DE MENCER”, DE DARÍO XOHÁN CABANA. CON ALEXANDRA CABANA, HENRIQUE ALVARELLOS E CHEMA FELPETO. 21/05/26. CASA DA CULTURA DE VILALBA (VIDEO E FOTOS)

RESEÑA DO ACTO DE PRESENTACIÓN DO LIBRO “SEMENTE DE MENCER”, DE DARÍO XOHÁN CABANA. CON ALEXANDRA CABANA, HENRIQUE ALVARELLOS E CHEMA FELPETO. 21/05/26. CASA DA CULTURA DE VILALBA (VIDEO E FOTOS)

2026, Actividades, FOTOS, RESEÑA, Vídeos
O salón da Casa da Cultura de Vilalba acolleu, na tarde deste xoves 21 de maio, a presentación do libro "Semente de mencer. Obra poética I. Volumes editados 1970-2006", de Darío Xohán Cabana, un acto organizado polo Instituto de Estudos Chairegos en colaboración co Concello de Vilalba. A cita converteuse nunha emotiva homenaxe á figura humana e literaria dun dos grandes nomes da nosa literatura contemporánea. Abriu o acto Chema Felpeto, membro da Xunta Directiva do Iescha, quen exerceu de presentador nun ton próximo e fondamente agradecido. Nas súas palabras quixo salientar todo o que se lle debe a Darío Xohán Cabana, lembrando ademais as numerosas ocasións nas que o escritor participou en actividades organizadas polo IESCHA, así como as súas colaboracións en distintas publicacións da entidade e a súa…
Ler máis
RESEÑA DO CONCERTO “NA CASA DELAS”, POLO GRUPO VOCAL “SON DE CORDA”, CO ACOMPAÑAMENTO DE RAÚL RODRÍGUEZ (PIANO) E MARÍA PICHÍN (DANZA). AUDITORIO DE VILALBA. DOMINGO 10 DE MAIO DE 2026.

RESEÑA DO CONCERTO “NA CASA DELAS”, POLO GRUPO VOCAL “SON DE CORDA”, CO ACOMPAÑAMENTO DE RAÚL RODRÍGUEZ (PIANO) E MARÍA PICHÍN (DANZA). AUDITORIO DE VILALBA. DOMINGO 10 DE MAIO DE 2026.

2026, FOTOS, RESEÑA, Vídeos
O Auditorio Municipal de Vilalba viviu de novo unha noite especial co grupo vocal lucense SON DE CORDA, nesta ocasión co concerto Na casa delas, unha proposta que uniu música e poesía arredor de varias poetas lucenses e da tradición oral galega. O recital foi avanzando cun formato moi pensado: antes de cada bloque facíase unha breve explicación através de videos sobre as escritoras escollidas, Olga Novo, Olalla Cociña, María Mariño, Marica Campo, Xela Arias, Luz Pozo Garza e a tradición oral, algo que axudou a seguir mellor o fío do concerto e a entrar no sentido das cancións.  As voces de Esperanza Iglesias, Carmen Prendes, Fernando G. Jácome e Antón Castro funcionaron con moito equilibrio, alternando momentos máis tranquilos con outros de maior forza coral. O acompañamento ao piano de…
Ler máis
RESEÑA DO ACTO DE PRESENTACIÓN DO LIBRO “MEMORIAS DUN PORCO TEIXO”, DE XOSÉ MANUEL FELPETO CARBALLEIRA. CON MARISA BARREIRO. ORGANIZADO POLO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS. VENRES 8 DE MAIO DE 2026. CASA DA CULTURA DE VILALBA

RESEÑA DO ACTO DE PRESENTACIÓN DO LIBRO “MEMORIAS DUN PORCO TEIXO”, DE XOSÉ MANUEL FELPETO CARBALLEIRA. CON MARISA BARREIRO. ORGANIZADO POLO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS. VENRES 8 DE MAIO DE 2026. CASA DA CULTURA DE VILALBA

2026, Actividades, FOTOS, RESEÑA, Vídeos
Na tardiña deste venres 8 de maio, o Iescha, coa colaboración do Concello de Vilalba,  organizou o acto de presentación de Memorias dun porco teixo, o novo libro de Xosé Manuel Felpeto Carballeira, continuando así co compromiso de apoio á creación literaria en galego e ás persoas que, desde distintos ámbitos, contribúen a fortalecer a nosa lingua e a nosa cultura. Marisa Barreiro, presidenta do Iescha, foi a encargada de abrir o acto cunha breve e agarimosa presentación do autor, ao que definiu como unha persoa sempre disposta a colaborar, fondamente implicada no activismo cultural e social, apaixonada pola historia, a lingua, o teatro, a convivencia e o entendemento entre as persoas. Destacou tamén a súa participación en numerosas iniciativas culturais e de divulgación do territorio, así como a súa presenza en…
Ler máis
RESEÑAS DOS ACTOS DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS-IESCHA DESTA SEMANA PASADA: MARTES 14/04/2026, VENRES 17/04/2026 E SÁBADO 18/04/2026. SANTIAGO DE COMPOSTELA E VILALBA (VIDEO RESUME)

RESEÑAS DOS ACTOS DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS-IESCHA DESTA SEMANA PASADA: MARTES 14/04/2026, VENRES 17/04/2026 E SÁBADO 18/04/2026. SANTIAGO DE COMPOSTELA E VILALBA (VIDEO RESUME)

2026, RESEÑA, Vídeos
PARTICIPACIÓN DO IESCHA E DO CENTRO OCUPACIONAL TERRA CHÁ NAS XI XORNADAS DE INNOVACIÓN EDUCATIVA RURAL. MARTES 14-04-26. FACULTADE CIENCIAS DA EDUCAICÓN-SANTIAGO DE COMPOSTELA O Instituto de Estudos Chairegos participou nas XI Xornadas de Innovación Educativa Rural celebradas na Universidade de Santiago de Compostela, nun encontro que puxo en valor o papel da escola rural como eixo de cohesión social e cultural. Convidados polo profesor Jesús Rodríguez Rodríguez, a intervención centrouse no asociacionismo e nas relacións tecidas con outras entidades do territorio, destacando a importancia das redes colaborativas para dinamizar a vida cultural e social da comarca da Terra Chá. A charla, conducida por Marisa Barreiro, presidenta do Instituto de Estudos Chairegos, puxo de manifesto o compromiso do Iescha cun modelo participativo e aberto á cidadanía. Un dos momentos máis…
Ler máis
RESEÑA DA POLAVILA DOCAMPO 2026. HISTORIAS, AFECTOS E COMUNIDADE PARA QUE XABIER P. DOCAMPO NUNCA DEIXE DE PETAR NAS NOSAS POSRTAS. 8, 9, 10 E 11 DE ABRIL DE 2026. VARIAS LOCALIZACIÓNS DE VILALBA

Hai xornadas que non se miden polo número de actos que acollen, senón polo pouso que deixan. A Polavila Docampo deste ano foi desas: un encontro que ao longo de varios días foi construíndo, con paciencia e con afecto, un espazo de memoria arredor da figura de Xabier P. Docampo. Non como exercicio nostálxico, senón como acto vivo, como declaración de que a súa obra e a súa maneira de entender a lingua e a educación seguen a petar nas portas do presente.O encontro foi abríndose camiño: Como inicio de todo, a Biblioteca Municipal Agustín Fernández Paz colaborou cunha exposición bibliográfica para achegar ás persoas usuarias a obra de Xabier Docampo. A continuación, o día 8 de abril, foi o turno de Martin Pawley cunha charla arredor do vínculo co…
Ler máis