
RESEÑA DO COLOQUIO SOBRE JUANA DE VEGA DENTRO DO CICLO MULLERES GALEGAS. XOSÉ RAMÓN VEIGA ALONSO, ANA CABANA IGLESIA E MARTA VEIGA IZAGUIRRE (VIDEO-RESUME)
Moi interesante o coloquio que sobre a figura de JUANA DE VEGA tivemos a oportunidade de presenciar onte, venres 15 de setembro, na Casa da Cultura de Vilalba, nun acto organizado polo IESCHA, coa colaboración do Concello, dentro do CICLO MULLERES GALEGAS, e no que participaron Xosé Ramón Veiga Alonso, Ana Cabana Iglesia e Marta Veiga Izaguirre. Marisa Barreiro, presidenta do Iescha foi a encargada de facer a súa presentación e realizar unha primeira aproximación a Juana de Vega, contextualizando a súa época e a súa traxectoria vital. A continuación, Marta Veiga, a través de preguntas, e Xosé Ramón Veiga e Ana Cabana, respondendo a elas, foron esmiuzando a biografía e os aspectos máis destacados da figura de Juana de Vega: a súa orixe; a súa educación; o seu carácter…