RESEÑA DA PROXECCION DA PELÍCULA “VALENTINA”, DE CHELO LOUREIRO. LUNS 19 DE XUÑO. AUDITORIO DE VILALBA. CICLO PREMIOS MESTRE MATEO 2023 (VIDEO-RESUME)

RESEÑA DA PROXECCION DA PELÍCULA “VALENTINA”, DE CHELO LOUREIRO. LUNS 19 DE XUÑO. AUDITORIO DE VILALBA. CICLO PREMIOS MESTRE MATEO 2023 (VIDEO-RESUME)

2023, Cine, RESEÑA, Vídeos
Este luns, 19 de xuño, no Auditorio Municipal de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, programou a proxección da película VALENTINA, de Chelo Loureiro, dentro do Ciclo Premios Mestre Mateo 2023. Para o IESCHA foi unha xornada especial a deste luns. A proxección de "Valentina" ía destinada exclusivamente ao alumnado de Infantil e de 1º de Primaria, no seu caso, dos centros escolares: ESCOLA DE EDUCACIÓN INFANTIL, CEIP MATO VIZOSO, CEIP MONSEIVANE-MOREDA E CEIP INSUA BERMÚDEZ. E cremos que foi todo un acerto e todo un éxito. A ilusión que se podía ver nas caras das alumnas e alumnos foi realmente contaxiosa. Durante a proxección, os pequenos bailaron, cantaron e…
Ler máis
PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “O ÚLTIMO DE ARGANEO”, DE DAVID VÁZQUEZ. XOVES 29 DE XUÑO DE 2023, ÁS 20:30 HORAS, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA

PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “O ÚLTIMO DE ARGANEO”, DE DAVID VÁZQUEZ. XOVES 29 DE XUÑO DE 2023, ÁS 20:30 HORAS, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA

2023, Actividades, Cine
 O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), con apoio da Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, organiza a proxección do documental O ÚLTIMO DE ARGANEO, de DAVID VÁZQUEZ, e terá lugar na Casa da Cultura de Vilalba, o XOVES 29 DE XUÑO DE 2023, ás 20:30 horas. Contaremos coa presenza do seu director, David Vázquez. SINOPSE Despois de levar a vida de estudante en Ponferrada, Edilberto Rodríguez, de 24 anos, decide volver ao monte e dedicarse a pastorear un rabaño de cabras. Co recordo dos seus avós moi presente, "O último de Arganeo" recolle a historia de Edilberto, un mozo pastor orgulloso da herdanza dos seus antepasados, e que reivindica as tradicións de lugares deshabitados e as lembranzas dunha forma de vida ao borde da extinción. DAVID VÁZQUEZ Técnico de…
Ler máis
RESEÑA DO ACTO DE PRESENTACIÓN DO LIBRO “LUGO PHILADELPHIA” DE LOIS PÉREZ E ALBA DÍAZ – VENRES 16 DE XUÑO CASA DA CULTURA  (VIDEO-RESUME)

RESEÑA DO ACTO DE PRESENTACIÓN DO LIBRO “LUGO PHILADELPHIA” DE LOIS PÉREZ E ALBA DÍAZ – VENRES 16 DE XUÑO CASA DA CULTURA (VIDEO-RESUME)

2023, Presentacións libros, RESEÑA, Vídeos
Na tarde-noite deste venres, 16 de xuño, na Casa da Cultura de Vilalba, levouse a cabo a presentacion do libro LUGO PHILADELPIA, con poesías de LOIS PÉREZ e fotografías de ALBA DÍAZ, nun acto organizado polo IESCHA, coa colaboración do Concello de Vilalba, e presentado por Marisa Barreiro. A música, a fotografía e a poesía fusionáronse nun escenario cheo de maxia. Os recitados de Alba e Lois enlazábanse coas notas musicais da guitarra de Lois (pai), unhas veces, e do teclado de Lois (fillo), outras. Voces e notas que resoaban con forza apoiadas tamén nas imaxes fotográficas da pantalla transportándonos ás calles e barrios de Nova York e Filadelfia, inmersos no corazón desas cidades, sentindo a súa enerxía e a súa maxia en cada foto, en cada nota, en cada…
Ler máis
CICLO MESTRE MATEO’23-PROXECCIÓN DA PELÍCULA “VALENTINA” DE CHELO LOUREIRO-LUNS 19 DE XUÑO-11:30 H.-AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA 

CICLO MESTRE MATEO’23-PROXECCIÓN DA PELÍCULA “VALENTINA” DE CHELO LOUREIRO-LUNS 19 DE XUÑO-11:30 H.-AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA 

2023, Actividades, Cine, PREMIOS MESTRE MATEO
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección da película VALENTINA, de CHELO LOUREIRO, dando inicio así ao CICLO MESTRE MATEO que durante o ano 2023 brindaranos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais e longametraxes) dos XXI PREMIOS MESTRE MATEO.  Esta primeira proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o LUNS 19 DE XUÑO DE 2023, ás 11:30 horas. Nesta ocasión irá destinada exclusivamente ao alumnado de Infantil e 1º de Primaria dos centros escolares do Concello de Vilalba. SINOPSE Valentina soña con ser trapecista, pero cre que nunca poderá conseguilo por ter síndrome de Down. A súa avoa —que lle ensina a xogar ao…
Ler máis
PROXECCIÓN DA LONGAMETRAXE “AS BESTAS”, DE RODRIGO SOROGOYEN. DOMINGO 18 DE XUÑO DE 2023, ÁS 19:00 HORAS, NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA 

PROXECCIÓN DA LONGAMETRAXE “AS BESTAS”, DE RODRIGO SOROGOYEN. DOMINGO 18 DE XUÑO DE 2023, ÁS 19:00 HORAS, NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA 

2023, Actividades, Cine
 O domingo 18 de xuño de 2023, ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración con Concello de Vilalba, organiza unha nova proxección de cine galego coa longametraxe AS BESTAS, do director RODRIGO SOROGOYEN. Nesta ocasión, para poder presenciar a película haberá que facer a reserva online na páxina https://entradasvilalba.es e, ademais, de xeito excepcional (ao igual que acontecera con Matria), aboar a cantidade de 3,50 € (cantidade que vai destinada á distribuidora do film). Así mesmo, pódese facer esta xestión na Casa da Cultura ou, o mesmo día da proxección, na billeteira do Auditorio.  SINOPSE:  Antoine e Olga son unha parella francesa que se instalou fai un tempo nunha vila do interior de Galicia. Alí levan unha vida tranquila, aínda que a…
Ler máis
RECITAL-PRESENTACIÓN DO LIBRO “LUGO PHILADELPHIA” DE LOIS PÉREZ, CON FOTOGRAFÍAS DE ALBA DÍAZ. VENRES 16 DE XUÑO-20:00 – CASA DA CULTURA

RECITAL-PRESENTACIÓN DO LIBRO “LUGO PHILADELPHIA” DE LOIS PÉREZ, CON FOTOGRAFÍAS DE ALBA DÍAZ. VENRES 16 DE XUÑO-20:00 – CASA DA CULTURA

2023, Actividades, Presentacións libros
 O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), continuando cos actos programados para este mes de xuño, organiza a presentación do libro "Lugo Philadelphia" (Xerais, 2023), cun recital a cargo do poeta Lois Pérez e da fotógrafa Alba Díaz, autores do libro, e de Lois Pérez (fillo) en teclados. Poesía, música e humor para unha viaxe de ida e volta a Philadelphia, A Piringalla e a Terra Chá, coa música dos Stones e algunha outra sorpresa. Será o venres 16 de xuño ás 20:00 h. na Casa da Cultura de Vilalba  LOIS PÉREZ (Lugo, 1979) é mestre, contador de historias, poeta, escritor e guionista. No eido da dramaturxia, gañou en 2008 o Premio de Teatro Radiofónico da Radio Galega con «Saltimbanqui» (Xerais, 2008), dirixida e adaptada por Quico Cadaval. Como poeta, publicou…
Ler máis
RESEÑA DA PRESENTACIÓN DO LIBRO “RELATOS DE CASCARILLA. DOCE CONTOS DE XENTE DA CORUÑA”, DE CÉSAR CONCHEIRO GUERRICO (VIDEO-RESUME)

RESEÑA DA PRESENTACIÓN DO LIBRO “RELATOS DE CASCARILLA. DOCE CONTOS DE XENTE DA CORUÑA”, DE CÉSAR CONCHEIRO GUERRICO (VIDEO-RESUME)

2023, RESEÑA, Vídeos
Este venres, 9 de xuño, na Casa da Cultura de Vilalba, tivo lugar o acto de presentación do libro “RELATOS DE CASCARILLA. DOCE CONTOS DE XENTE DA CORUÑA”, de CÉSAR CONCHEIRO GUERRICO, editado polo Grupo BEROLY e organizado polo Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración co Concello de Vilalba. Coas doces e emotivas notas musicais interpretadas magnificamente por un pequeno grupo de compoñentes da Banda de Música de Vilalba, da que o autor do libro foi director durante varios anos, deu comezo o acto presentado por Chema Felpeto, da xunta directiva do Iescha. A continuación, fóronse sucedendo distintas intervencións: Ramon Guntin, en representación da Banda de Música de Vilalba; Xose M. Yáñez, do Grupo BEROLY; Laura Veleiro, como ilustradora do libro; Beatriz Maceda, escritora, e César Concheiro, músico e autor…
Ler máis
PRESENTACIÓN DO LIBRO “RELATOS DE CASCARILLA. DOCE CONTOS DE XENTE DA CORUÑA” DE CÉSAR CONCHEIRO GUERRICO. VENRES 9 DE XUÑO, 20:30-CASA DA CULTURA DE VILALBA

PRESENTACIÓN DO LIBRO “RELATOS DE CASCARILLA. DOCE CONTOS DE XENTE DA CORUÑA” DE CÉSAR CONCHEIRO GUERRICO. VENRES 9 DE XUÑO, 20:30-CASA DA CULTURA DE VILALBA

2023, Actividades, Presentacións libros
 O venres 9 de xuño de 2023, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, oInstituto de Estudos Chairegos, en colaboración co Concello de Vilalba, organiza unha nova actividade: a presentación do libro “RELATOS DE CASCARILLA. DOCE CONTOS DE XENTE DA CORUÑA", de CÉSAR CONCHEIRO GUERRICO, e editado polo Grupo BEROLY. No acto intervirán RAMÓN GUNTÍN, vice-presidente da Banda de Música de Vilalba; BEATRIZ MACEDA, escritora; LAURA VELEIRO, ilustradora do libro; BERNABÉ SIMES e JOSÉ M. YÁÑEZ, do Grupo BEROLY, e CÉSAR CONCHEIRO, músico e autor do libro. Presentará o acto, MARISA BARREIRO, presidenta do Iescha. Relatos de Cascarilla achéganos ás vidas de distintas persoas que comparten como escenario a cidade da Coruña.  No transcurso dos relatos acompañaremos aos protagonistas por ledicias e tristuras, por amores ou soidades, por…
Ler máis
RESEÑA DA PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL DE MIGUEL RIAÑO “A CIDADE DA SELVA. FUXIDOS E GUERRILEIROS NOS MONTES DE CASAIO” , ORGANIZADO POLO IESCHA

RESEÑA DA PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL DE MIGUEL RIAÑO “A CIDADE DA SELVA. FUXIDOS E GUERRILEIROS NOS MONTES DE CASAIO” , ORGANIZADO POLO IESCHA

2023, Actividades, FOTOS, RESEÑA
Na tarde noite deste venres, 2 de xuño, o Iescha organizou, no Auditorio Municipal de Vilalba, a proxección de “A CIDADE DA SELVA. FUXIDOS E GUERRILLEIROS NOS MONTES DE CASAIO” DE MIGUEL RIAÑO ROA, quen, a través de testemuñas conmovedoras e de imaxes cautivadoras, foinos revelando como os guerrilleiros antifranquistas se moveron por esta zona, agochándose en “chozos” e enfrontándose a infinidade de desafíos e perigos na súa loita pola libertade. Unha vez rematada a proxección do documental, o seu director, Miguel Riaño, tras ser presentado por Sabela Figueira, vicepresidenta do Iescha, participou nun interesante coloquio coa intervención de varios asistentes e recibindo un merecido aplauso final polo seu magnífico traballo. Nós, dende o Iescha, unímonos a ese aplauso e agradecémoslle sinceramente a súa presencia no acto Moitas grazas tamén…
Ler máis
PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “A CIDADE DA SELVA. FUXIDOS E GUERRILLEIROS NOS MONTES DE CASIAO” DE MIGUEL RIAÑO ROA-VENRES 2 DE XUÑO, 20:00H., AUDITORIO MUNICIPAL

PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “A CIDADE DA SELVA. FUXIDOS E GUERRILLEIROS NOS MONTES DE CASIAO” DE MIGUEL RIAÑO ROA-VENRES 2 DE XUÑO, 20:00H., AUDITORIO MUNICIPAL

2023, Actividades, Cine
O venres 2 de xuño de 2023, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba, oInstituto de Estudos Chairegos, en colaboración co Concello de Vilalba, organiza unha nova actividade cinematográfica coa proxección do documental A CIDADE DA SELVA, FUXIDOS E GUERRILLEIROS NOS MONTES DE CASAIO, do director MIGUEL RIAÑO ROA, que estará presente no acto para coloquio. Reserva de entrada (gratuíta) na páxina https://entradasvilalba.es e,. Así mesmo, pódese facer esta xestión na Casa da Cultura ou, o mesmo día da proxección, na billeteira do Auditorio. SINOPSE Ciudad de la Selva conta a historia dos fuxidos do réxime franquista en torno á poboación galega de Casaio. Nestes montes exponse unha resistencia activa contra o fascismo grazas ao apoio de membros das comunidades locais, mentres son perseguidos polas forzas da Garda Civil.…
Ler máis