VIDEO ROTEIRO “ANÁLISE E INTERPRETACIÓN. QUE PASABA EN VILALBA? QUE DESTRUÍMOS? QUE CONSERVAMOS?”

VIDEO ROTEIRO “ANÁLISE E INTERPRETACIÓN. QUE PASABA EN VILALBA? QUE DESTRUÍMOS? QUE CONSERVAMOS?”

Vídeos
ROTEIRO “ANÁLISE E INTERPRETACIÓN. QUE PASABA EN VILALBA? QUE DESTRUÍMOS? QUE CONSERVAMOS?” Magnífico o roteiro que organizou o IESCHA para esta tarde de sábado coa inestimable colaboración de EDUARDO RAMIL, director do MUPAV (Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba). Infinidade de aspectos interesantes os que fomos coñecendo ao longo do percorrido e o longo das distintas épocas. Para repetir!!! O noso especial agradecemento a Eduardo e a toda a xente que nos acompañou! Aí queda un pequeno video-resumo.
Ler máis
PRESENTACIÓN DO LIBRO “UNHA ETAPA ESTELAR E CONFLITIVA DE GALIZA”

PRESENTACIÓN DO LIBRO “UNHA ETAPA ESTELAR E CONFLITIVA DE GALIZA”

2022, Actividades, Presentacións libros
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) organiza o acto de presentación do libro, coeditado pola Fundación Galiza Sempre e pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), “Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza. (a segunda metade do século XIV) – TOMO I A relevancia do Reino Galego Medieval”, do que é autor FRANCISCO RODRÍGUEZ.  O acto terá lugar o xoves, 16 de xuño de 2022, ás 19:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, e será presentado por Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. UNHA ETAPA ESTELAR E CONFLITIVA DE GALIZA – FRANCISCO RODRÍGUEZ.- Este libro sobre a etapa medieval de normalidade e esplendor do reino de Galiza e a crise da segunda metade do século XIV responde a un afán por combater a ignorancia colectiva sobre o noso pasado medieval e as deformacións e ocultacións sobre el.…
Ler máis
PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “A VIVENDA, UN BEN SOCIAL?, de MARISÉ FERNÁNDEZ e XOSÉ BOCIXA

PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “A VIVENDA, UN BEN SOCIAL?, de MARISÉ FERNÁNDEZ e XOSÉ BOCIXA

2022, Actividades, Charla-Coloquio, Cine
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración co Concello de Vilalba, organiza para o venres 17 de xuño, ás 20:00 h., na Casa da Cultura, a proxección do documental A VIVENDA, UN BEN SOCIAL?, dirixido por MARISÉ FERNÁNDEZ e XOSÉ BOCIXA. Posteriormente, levarase a cabo unha CHARLA-COLOQUIO na que participarán MARISÉ FERNÁNDEZ, traballadora social, e XOSÉ ANXO CARREIRA MONTES, arquitecto e profesor da UDC, actuando de moderadora MARISA BARREIRO, presidenta do IESCHA. A VIVENDA: UN BEN SOCIAL?  é o primeiro documental galego que reflexiona sobre a situación da vivenda en Galicia, a comunidade que está á cabeza nas estatísticas de vivenda baleira no estado cunha porcentaxe que rolda o 19%. Ditas cifras evidencian o fracaso das políticas tomadas ata o momento para rehabilitar vivenda en cidades e vilas pero tamén as de fixación de poboación no rural. Malia isto, a…
Ler máis
ROTEIRO “ANÁLISE E INTERPRETACIÓN. QUE PASABA EN VILALBA? QUE DESTRUÍMOS? QUE CONSERVAMOS?” EDUARDO RAMIL

ROTEIRO “ANÁLISE E INTERPRETACIÓN. QUE PASABA EN VILALBA? QUE DESTRUÍMOS? QUE CONSERVAMOS?” EDUARDO RAMIL

2022, Actividades, Roteiros
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración co Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba (MUPAV), organiza para o sábado 11 de xuño de 2022, un ROTEIRO denominado ANÁLISE E INTERPRETACIÓN. QUE PASABA EN VILALBA? QUE DESTRUÍMOS? QUE CONSERVAMOS?  A saída do roteiro está prevista para as 18:00 horas dende o Museo de Prehistoria e Arqueoloxía, co seguinte RECORRIDO (duración aproximada 2 horas e media):  CATRO CAMIÑOS PORTA DE CIMA PRAZA DA IGREXA A FERRERÍA PRAZA DA FAROLA PRAZA DO CASTELO OU DA FEIRA A CARRETERA Inscrición: Todas as persoas que desexen participar deberán mandar un correo electrónico ao enderezo do IESCHA: estudoschairegos@gmail.com  indicando o seu nome e o seu número de teléfono. Prazo: ata o xoves 9 de xuño. De haber máis solicitudes que prazas -25- levarase a cabo un sorteo, tendo preferencia os/as asociados/as ao IESCHA.
Ler máis
EXPOSICIÓN “O CASTRO, TAMÉN NA ORIXE DA LIXG”

EXPOSICIÓN “O CASTRO, TAMÉN NA ORIXE DA LIXG”

2022, Actividades, Exposicións
O Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración co Concello de Vilalba, ven de levar a cabo a montaxe na Casa da Cultura da exposición “O CASTRO, TAMÉN NA ORIXE DA LIXG”, comisariada por Héitor Picallo e organizada por GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil)  Permanecerá aberta ao público dende o 1 ata o 30 de xuño de 2022. Tal e como se recolle na web de GALIX, o obxectivo da exposición é lembrar o papel de Isaac Díaz Pardo, a través da editora, no desenvolvemento do libro infantil e xuvenil galego. Lembramos que Ediciós do Castro formaba parte do entramado empresarial de Sargadelos xunto coas Cerámicas do Castro e Sargadelos, o Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside, o Laboratorio de Formas, o IGI,... En 1963 comeza Ediciós do Castro a súa andaina…
Ler máis
CONFERENCIA DE FELIPE SENÉN

CONFERENCIA DE FELIPE SENÉN

2022, Actividades, Conferencias
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), continuando coa súa programación anual, organiza para venres 3 de xuño de 2022, ás 20:00, unha conferencia de FELIPE SENÉN LÓPEZ GÓMEZ, historiador da cultura galega, que leva por título:  “O patrimonio cultural  galego, estado da cuestión:  tradición, creación e aculturación” Presentará o acto MARISA BARREIRO.  FELIPE SENÉN- Fixo os seus primeiros estudos no Carballiño e no Instituto de Ourense, onde traballou como colaborador do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, dirixido entón por Xesús Ferro Couselo. Estudou Filosofía e Letras, especialidade de Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela, ao tempo que facía prácticas de museoloxía e arqueoloxía co historiador Manuel Chamoso Lamas, así como na creación, instalación e posta en funcionamento do Museo das Peregrinacións, e do Museo do Ribeiro; participou igualmente como supervisor de campo…
Ler máis
TEN FUTURO O RURAL? HAI ALTERNATIVAS?

TEN FUTURO O RURAL? HAI ALTERNATIVAS?

2022, Actividades, Conferencias
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), organiza a segunda das conferencias que programou baixo o título de  “TEN FUTURO O RURAL? HAI ALTERNATIVAS? Nesta ocasión, será o vindeiro venres 27 de maio, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, e actuará como conferenciante JOSÉ MOURIÑO CUBA, ENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA e LICENCIADO EN CIENCIAS BIOLÓXICAS. Presentará o acto ALFONSO BAAMONDE FERNÁNDEZ Estas actividades enmárcanse na denominación xenérica de DEBATES NECESARIOS, que deron comezo xa o pasado ano coa temática do PXOM, e con eles o Iescha pretende ofrecer a maior información posible sobre asuntos de interese. A entrada e libre ata cubrir o aforo estipulado, téndose en conta sempre as medidas sanitarias estipuladas en cada momento.
Ler máis