PRESENTACIÓN DO LIBRO “HOXE TOCA LEIVA?, DE LOIS PÉREZ. CO ACOMPAÑAMENTO DE MARISA BARREIRO. VENRES 19 DE XUÑO DE 2026, ÁS 20:00, NA BIBLIOTECA MUNICIPAL “AGUSTÍN FERNANDEZ PAZ” DE VILALBA

PRESENTACIÓN DO LIBRO “HOXE TOCA LEIVA?, DE LOIS PÉREZ. CO ACOMPAÑAMENTO DE MARISA BARREIRO. VENRES 19 DE XUÑO DE 2026, ÁS 20:00, NA BIBLIOTECA MUNICIPAL “AGUSTÍN FERNANDEZ PAZ” DE VILALBA

2026, Actividades, Presentacións libros
O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, dentro dos actos programados para o mes de xuño, organiza a presentación do libro “HOXE TOCA LEIVA?, de LOIS PÉREZ, publicado por EDICIÓNS XERAIS. O autor estará acompañada pola presidenta do Iescha MARISA BARREIRO. O acto terá lugar o venres 19 de xuño de 2026, ás 20:00 horas, na Biblioteca Municipal Agustín Fernández Paz de Vilalba. HOXE TOCA LEIVA?Sam, encargado do Nautilus, un local de concertos da península do Grove, comeza outro día frenético de traballo logo dunha noite moi intensa. Entre tanto, é vixiado de preto por dous esbirros dun narco da contorna. O propietario do Nautilus acompaña un amigo músico ante un suceso inesperado que poñerá a proba unha amizade complexa. Unha escritora de éxito asiste cunha…
Ler máis
PRESENTACIÓN DO LIBRO “BEGOÑA OU O PRACER DA AMIZADE. UNHA BIOGRAFÍA DE BEGOÑA CAAMAÑO”, DE BEATRIZ MACEDA. CON MARICA CAMPO. 29/05/26, ÁS 20:00 H., NA CASA DA CULTURA DE VILALBA.

PRESENTACIÓN DO LIBRO “BEGOÑA OU O PRACER DA AMIZADE. UNHA BIOGRAFÍA DE BEGOÑA CAAMAÑO”, DE BEATRIZ MACEDA. CON MARICA CAMPO. 29/05/26, ÁS 20:00 H., NA CASA DA CULTURA DE VILALBA.

2026, Actividades, Presentacións libros
O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, dentro dos actos programados no mes das Letras Galegas, organiza o acto de presentación do libro “BEGOÑA OU O PRACER DA AMIZADE. Unha biografia de BEGOÑA CAAMAÑO”, de BEATRIZ MACEDA, publicado por EDICIÓNS XERAIS. A autora estará acompañada pola escritora MARICA CAMPO.O acto terá lugar o venres 29 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba. BEGOÑA OU O PRACER DA AMIZADEBeatriz Maceda, nesta biografía novelada, reconstrúe a traxectoria de Begoña Caamaño a través das voces simbólicas de Circe, Penélope, Morgana e Xenebra, catro personaxes míticas que acompañan o percorrido vital da escritora desde a súa nenez en Vigo ata a súa consolidación como referente cultural da Galicia contemporánea.  Xornalista comprometida, activista incansable e…
Ler máis
PRESENTACIÓN DO LIBRO “SEMENTE DE MENCER. OBRA POÉTICA I. VOLUMES EDITADOS 1970-2006”, DE DARÍO XOHÁN CABANA, CON ALEXANDRA CABANA, CHEMA FELPETO E HENRIQUE ALVARELLOS. 21/05, ÁS 20:00, NA CASA DA CULTURA

PRESENTACIÓN DO LIBRO “SEMENTE DE MENCER. OBRA POÉTICA I. VOLUMES EDITADOS 1970-2006”, DE DARÍO XOHÁN CABANA, CON ALEXANDRA CABANA, CHEMA FELPETO E HENRIQUE ALVARELLOS. 21/05, ÁS 20:00, NA CASA DA CULTURA

2026, Actividades, Presentacións libros
O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza o acto de presentación do libro “SEMENTE DE MENCER. Obra poética I. Volumes editados 1970-2006”, de DARÍO XOHÁN CABANA, con edición, estudo e notas de Anxo Angueira. Publicado por Alvarellos Editora, dentro da colección Rescate. O acto contará coa participación de Alexandra Cabana, Chema Felpeto e Henrique Alvarellos, e terá lugar o xoves 21 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba. SEMENTE DE MENCER Baixo o título de Semente de mencer publicamos toda a obra poética, editada en libro en vida do autor, de Darío Xohán Cabana (Roás, 1952-Romeán, 2021). Un coidado volume de 746 páxinas, en capa dura, dentro da nosa colección Rescate. E nunha edición, estudo e notas a cargo…
Ler máis
PRESENTACIÓN DO LIBRO “MEMORIAS DUN PORCO TEIXO”, DE XOSÉ MANUEL FELPETO CARBALLEIRA. PRESENTA: MARISA BARREIRO. VENRES 8-05-26, 20:00, CASA DA CULTURA DE VILALBA. ENTRADA DE BALDE.

PRESENTACIÓN DO LIBRO “MEMORIAS DUN PORCO TEIXO”, DE XOSÉ MANUEL FELPETO CARBALLEIRA. PRESENTA: MARISA BARREIRO. VENRES 8-05-26, 20:00, CASA DA CULTURA DE VILALBA. ENTRADA DE BALDE.

2026, Actividades, Presentacións libros
O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza o acto de presentación do libro MEMORIAS DUN PORCO TEIXO, de XOSÉ MANUEL FELPETO CARBALLEIRA, publicado na Editorial TRIS TRAM. A presentación correrá a cargo de MARISA BARREIRO, presidenta do Iescha O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba. MOMORIAS DUN PORCO TEIXO “O libro, publicado por Tris Tram, comprende 19 relatos que exploran a condición humana desde diferentes perspectivas. Ao longo das súas páxinas, o autor afonda en temas como as dificultades, a perda, o amor e a dor, mantendo sempre o seu característico enxeño seco. Estes relatos, que xurdiron nun caderno onde o autor rexistrou as súas experiencias, mesturan a tradición oral coa ficción arraigada na realidade. O…
Ler máis
PRESENTACIÓN DO LIBRO “A FABA E NÓS”, DE ALBERTO V. SERANTES. ILUSTRACIÓNS DE ARACELI PAZ. INTERVEÑEN TAMÉN MARISA BARREIRO. SÁBADO 18 DE ABRIL DE 2026, ÁS 20:00, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA.

PRESENTACIÓN DO LIBRO “A FABA E NÓS”, DE ALBERTO V. SERANTES. ILUSTRACIÓNS DE ARACELI PAZ. INTERVEÑEN TAMÉN MARISA BARREIRO. SÁBADO 18 DE ABRIL DE 2026, ÁS 20:00, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA.

2026, Actividades, Presentacións libros
O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza o acto de presentación do libro A FABA E NÓS, de ALBERTO V. SERANTES, con ilustraciones de ARACELI PAZ e publicado por FIGURANDO RECORDOS EDICIÓNS. A presentación correrá a cargo de MARISA BARREIRO, presidenta do Iescha O acto terá lugar o sábado 18 de abril de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba. A FABA E NÓS “Como moitos outros fixeran antes que eles, esta parella decide aproveitar a oportunidade, deixar a cidade e comezar unha nova vida no campo. Nunha das primeiras noites na súa casa centenaria, unha chamada na porta provoca un camiño de aprendizaxe do que é introducirse nunha comunidade, cómo desmontar os prexuicios propios e, sobre todo, o mellor modo de respectar as costumes dun…
Ler máis
PRESENTACIÓN DO LIBRO “AGORA NON É ANTES. IDEAS PARA UNHA REVOLUCIÓN TRANQUILA”, DE ANTÓN BAAMONDE. INTERVEÑEN TAMÉN HENRIQUE SANFIZ E MARISA BARREIRO. VENRES 17-04-26, ÁS 20:00, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA

PRESENTACIÓN DO LIBRO “AGORA NON É ANTES. IDEAS PARA UNHA REVOLUCIÓN TRANQUILA”, DE ANTÓN BAAMONDE. INTERVEÑEN TAMÉN HENRIQUE SANFIZ E MARISA BARREIRO. VENRES 17-04-26, ÁS 20:00, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA

2026, Actividades, Presentacións libros
O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza o acto de presentación do libro AGORA NON É ANTES. IDEAS PARA UNHA REVOLUCIÓN TRANQUILA, do filósofo e escritor vilalbés ANTÓN BAAMONDE, editado por GALAXIA. Estará acompañado por HENRIQUE SANFIZ, de Radio Fene, e será presentado por MARISA BARREIRO, presidenta do Iescha O acto terá lugar o venres 17 de abril de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba. AGORA NON É ANTES Agora non é antes. Ideas para unha revolución tranquila le Galicia doutra maneira. Combater os clixés, transformar o modo en que nos imaxinamos, abandonar as retóricas da pasividade, enfocar o país dun modo máis plausible, é o que propón este libro. Galicia está acabando a gran transformación que se produciu no último medio século e, á vez,…
Ler máis
PRESENTACIÓN DO LIBRO “O VIOLÍN QUE TRAE O VENTO”, DE ADRIÁN MÉNDEZ. ACTUACIÓN DO GRUPO “AS CEGAS DE OSELLE. VENRES 28/11/25, 20:00. SALA DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

PRESENTACIÓN DO LIBRO “O VIOLÍN QUE TRAE O VENTO”, DE ADRIÁN MÉNDEZ. ACTUACIÓN DO GRUPO “AS CEGAS DE OSELLE. VENRES 28/11/25, 20:00. SALA DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

2025, Actividades, Concertos, Presentacións libros
O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza a presentación do libro O VIOLÍN QUE TRAE O VENTO, de ADRIÁN MÉNDEZ, coa actuación musical a cargo do grupo AS CEGAS DE OUSELLE.  O acto é posible grazas a financiación e patrocinio da Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo.  O evento terá lugar o vindeiro venres 28 de novembro, ás 20:00 horas, na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba, xunto á exposición Retratos, de Pedro Cabarcos. O violín que trae o vento- Esta obra relata a vida de Modesta Fernández, máis coñecida como "A cega de Noceda", unha violinista da Fonsagrada que se converteu nunha artista inesquecible na música tradicional da zona. Este libro, financiado pola Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de…
Ler máis
PRESENTACIÓN DO LIBRO “A FRAGA DOS TEIXOS”, de XOSÉ SALVADORES. VENRES 7 DE NOVEMBRO DE 2025, ÁS 20:00, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA.

PRESENTACIÓN DO LIBRO “A FRAGA DOS TEIXOS”, de XOSÉ SALVADORES. VENRES 7 DE NOVEMBRO DE 2025, ÁS 20:00, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA.

2025, Actividades, Presentacións libros
O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración de Tempo Galiza Editora, organizan o venres 7 de novembro de 2025, na Casa da Cultura de Vilalba, ás 20:00 horas, a presentación do libro “A FRAGA DOS TEIXOS. Uns ferrados de paixón pola natureza”, do que é autor XOSÉ SALVADORES, escritor e ecoloxista. Intervirán tamén a xeito de conversa, MARISA BARREIRO, presidenta de Iescha, e CHEMA FELPETO, membro da Xunta Directiva do Iescha. “A fraga dos teixos” «Deixar cartos para os herdeiros é unha vulgaridade; eu pretendo deixar un bosque de teixos. Un teixegal, porque o teixo é unha das árbores no noso país que máis axuda precisan, porque é deixar biodiversidade que tanto necesita a nosa Terra e o planeta, porque é deixar saúde, porque o que eu poida adiantar plantando…
Ler máis
PRESENTACIÓN DO LIBRO DE MANUEL C. SANTAMARIÑA “A NOITE QUE SE FOIA A LUZ”. XOVES 5 DE XUÑO DE 2025, ÁS 20:00, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA

PRESENTACIÓN DO LIBRO DE MANUEL C. SANTAMARIÑA “A NOITE QUE SE FOIA A LUZ”. XOVES 5 DE XUÑO DE 2025, ÁS 20:00, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA

2025, Actividades, Presentacións libros
O Instituto de Estudos Chairegos, Xermolos e a Irmandade Manuel María, coa colaboración do Concello de Vilalba, organizan o xoves 5 de xuño de 2025, na Casa da Cultura de Vilalba, ás 20:00 horas, a presentación do libro “A NOITE QUE SE FOI A LUZ”, do que é autor MANUEL CASTRO SANTAMARIÑA.  Intervirán tamén ALFONSO BLANCO TORRADO, presidente de Xermolos, e MARISA BARREIRO, presidenta do Iescha. “A NOITE QUE SE FOI A LUZ, primeira novela de Manuel Castro Santamariña, é unha narración entrañable que comeza cun feito sinxelo: unha noite de temporal na casa dos avós, na que un apagón deixa todo ás escuras. Mais esa falta de luz convértese nunha oportunidade máxica para redescubrir a palabra falada, a memoria e as raíces. O relato constrúese a través da conversa entre un neto e o seu avó, ao pé…
Ler máis
PRESENTACIÓN DO LIBRO “COMIDA PARA GATOS E OUTRAS DELICATESSEN INDIXESTAS” DE LUZ DARRIBA. VENRES 30/05-20H. CASA CULTURA DE VILALBA

PRESENTACIÓN DO LIBRO “COMIDA PARA GATOS E OUTRAS DELICATESSEN INDIXESTAS” DE LUZ DARRIBA. VENRES 30/05-20H. CASA CULTURA DE VILALBA

2025, Actividades, Presentacións libros
O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, dentro dos actos programados para este mes de maio, co gallo das Letras Galegas, organiza o venres 30 de maio de 2025, na Casa da Cultura de Vilalba, ás 20:00 horas, a presentación do libro “COMIDA PARA GATOS E OUTRAS DELICATESSEN INDIXESTAS”, do que é autora LUZ DARRIBA, artista e escritora. Presentará o acto MARISA BARREIRO, presidenta do Iescha. "Comida para gatos e outras delicatessen indixestas" é a última obra de Luz Darriba, artista e escritora, que conta con varias distincións no ámbito das artes. Este libro é unha recompilación de dez relatos nos que se plasman diferentes temáticas e inquedanzas como poden ser o amor, a frustración ou a soidade. LUZ DARRIBA naceu en Montevideo, filla da diáspora…
Ler máis