EXPOSICIÓN “O HERBARIO DE AGUSTIN” POLO ALUMNADO DO CLUB DE LECTURA, DO EQUIPO DA BIBLIOTECA E DO CLUB DE CIENCIA DO IES BASANTA SILVA DE VILALBA DO 23/10/26 AO 10/11/26, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA

EXPOSICIÓN “O HERBARIO DE AGUSTIN” POLO ALUMNADO DO CLUB DE LECTURA, DO EQUIPO DA BIBLIOTECA E DO CLUB DE CIENCIA DO IES BASANTA SILVA DE VILALBA DO 23/10/26 AO 10/11/26, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA

2026, Actividades, Exposicións, MIRADAS SOBRE AGUSTÍN
A mostra convida a descubrir a relación entre literatura, ciencia e natureza a través das referencias ás plantas presentes nas obras de Agustín Fernández Paz. A Casa da Cultura de Vilalba acollerá do 23 de outubro ao 10 de novembro a exposición «O Herbario de Agustín», un proxecto que nace dun coidado proceso de lectura e investigación arredor das obras de Agustín Fernández Paz e que busca poñer en valor a riqueza do patrimonio literario e natural a través das especies vexetais que aparecen nos seus textos. O herbario é froito do traballo colaborativo do alumnado do Club de Lectura, do equipo da Biblioteca e do Club de Ciencia do IES Santiago Basanta Silva de Vilalba, que se mergullaron nos libros do autor cunha mirada atenta para identificar e documentar…
Ler máis
EXPOSICIÓN “A LINGUA DO FUTURO / O FUTURO DA LINGUA”, DE ALBA DÍAZ, PROMOVIDA POLA ÁREA CULTURA-VICEPRESIDENCIA DA DEPUTACIÓN E A REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL. 3/10 A 1/11, ESPAZO CHOUZANA VILALBA

EXPOSICIÓN “A LINGUA DO FUTURO / O FUTURO DA LINGUA”, DE ALBA DÍAZ, PROMOVIDA POLA ÁREA CULTURA-VICEPRESIDENCIA DA DEPUTACIÓN E A REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL. 3/10 A 1/11, ESPAZO CHOUZANA VILALBA

2026, Exposicións
O IESCHA organiza a EXPOSICIÓN “A LINGUA DO FUTURO / O FUTURO DA LINGUA”, de ALBA DÍAZ, unha aproximación fotográfica ás faces da infancia e a rapazada que falan e viven en galego nunha situación de emerxencia lingüística. A exposición, promovida pola Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Rede Museística Provincial, poderase visitar dende o 3 de outubro ata o 1 de novembro de 2026, no espazo A CHOUZANA, ao carón do Palco da Música de Vilalba. “A exposición fotografica de Alba Díaz “A lingua do futuro / O futuro da lingua” é unha iniciativa para reflexionar sobre a realidade sociolin-güística de Galicia a través da creación visual. Este proxecto fotográfico ponlle rostro a unha xeración de nenas, nenos e adolescentes galegos que medraron nun contexto de…
Ler máis
RESEÑA DO ACTO DE INAUGURACIÓN DA XIII EXPOSICIÓN TAL COMO ERAMOS-FOTOS PARA O RECORDO. SALA DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA. 28 DE AGOSTO DE 2026 (VIDEO RESUME E FOTOS)

RESEÑA DO ACTO DE INAUGURACIÓN DA XIII EXPOSICIÓN TAL COMO ERAMOS-FOTOS PARA O RECORDO. SALA DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA. 28 DE AGOSTO DE 2026 (VIDEO RESUME E FOTOS)

2026, Actividades, Exposicións, FOTOS, RESEÑA, Vídeos
RESEÑA DO ACTO DE INAUGURACIÓN DA XIII EXPOSICIÓN TAL COMO ERAMOS-FOTOS PARA O RECORDO. SALA DO AUDITORIO DE VILALBA - 28-08-2026 (VIDEO RESUME) Vilalba volve mirar cara atrás para lembrar como eramos Hai fotografías que son moito máis ca fotografías. Gardan unha historia, un nome, unha familia, unha festa, un oficio, unha paisaxe… e, sobre todo, gardan un anaco da vida que fomos. Con ese espírito abriu as súas portas este venres, na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba, a XIII edición de “Tal como eramos. Fotos para o recordo”, unha mostra que volve reunir imaxes capaces de espertar lembranzas e emocións en cada recuncho. No acto de inauguración, a presidenta do IESCHA, Marisa Barreiro, quixo comezar dando as grazas, de maneira moi especial, ás familias que ao…
Ler máis
XIII EXPOSICIÓN “TAL COMO ERAMOS. FOTOS PARA O RECORDO”. SALA DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA. Inauguración: Venres 28 de agosto de 2026-20:00. Aberta ata o 20 de outubro. Entrada de balde.

XIII EXPOSICIÓN “TAL COMO ERAMOS. FOTOS PARA O RECORDO”. SALA DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA. Inauguración: Venres 28 de agosto de 2026-20:00. Aberta ata o 20 de outubro. Entrada de balde.

2026, Actividades, Exposicións
O Instituto de Estudos Chairegos “Pena do Encanto” (Iescha), coa colaboración do Concello de Vilalba, inaugura o venres, día 28 de agosto de 2026, ás 20:00 horas, na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba, a mostra fotográfica “Tal como eramos. Fotos para o recordo”, que chega á súa XIII edición. Esta mostra está integrada por 208 fotografías procedentes da fototeca do IESCHA, e é posible grazas ás aportacións de moitos veciños e veciñas de Vilalba e comarca. As fotos que compoñen a Exposición, repartidas en 26 paneis, son de temática variada (Deportes, Celebracións, Feiras e Festas, Música, Nenas e Nenos, Grupos, Oficios e Actividades, Paisaxes e Recantos, Paseos, etc.) e a maioría delas corresponden á 1ª metade do pasado século XX, coa incorporación dalgunhas máis recentes. A décimo…
Ler máis
A EXPOSICIÓN “LÉVAME A IDEA”, DE LAURA VARELA IRIA VILLARES, VANESA SISO E NAVÍOS E FOLERPAS SL, PÓDESE VISITAR NA ESCOLA HABANEIRA DE GUITIRIZ DENDE O 5 DE FEBREIRO ATA O 15 DE MARZO DE 2026.

A EXPOSICIÓN “LÉVAME A IDEA”, DE LAURA VARELA IRIA VILLARES, VANESA SISO E NAVÍOS E FOLERPAS SL, PÓDESE VISITAR NA ESCOLA HABANEIRA DE GUITIRIZ DENDE O 5 DE FEBREIRO ATA O 15 DE MARZO DE 2026.

2025, Actividades, Exposicións
O Instituto de Estudos Chairegos e o Consello da Cultura Galega, coa colaboración do Concello de Guitiriz, presentan na Escola Habaneira de Guitiriz a exposición LÉVAME A IDEA, unha mostra composta por once paneis que propón unha aproximación á música de tradición oral galega a través do labor das súas creadoras e divulgadoras. A exposición pon o foco no papel esencial das mulleres na creación, conservación e transmisión deste patrimonio cultural inmaterial, salientando a súa contribución histórica e contemporánea á identidade musical de Galicia. LÉVAME A IDEA, de Laura Varela, Iria Villares, Vanesa Siso e Navíos e Folerpas SL, naceu (durante as II Xornadas sobre Patrimio Inmaterial organizadas polo Iescha, coa coolaboración do Consello da Cultura Galega e o Concello de Vilalba, no mes de novembro de 2025) coa vontade de dar…
Ler máis
EXPOSICIÓN “ROSALÍA. PROCLAMAR AO MUNDO QUE GALIZA EXISTE”, CON TEXTOS DE FRANCISCO RODRÍGUEZ E DEBUXOS DE PEPE CARREIRO. DO 6 AO 27 DE FEBREIRO DE 2026, NA SALA DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

EXPOSICIÓN “ROSALÍA. PROCLAMAR AO MUNDO QUE GALIZA EXISTE”, CON TEXTOS DE FRANCISCO RODRÍGUEZ E DEBUXOS DE PEPE CARREIRO. DO 6 AO 27 DE FEBREIRO DE 2026, NA SALA DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

2026, Actividades, Exposicións
O Instituto de Estudos Chairegos, co patrocinio da Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputacion de Lugo e a colaboracion do Concello de Vilalba, organiza, dentro dos actos previstos para conmemorar o MES DE ROSALÍA, a exposición ROSALÍA. PROCLAMAR AO MUNDO QUE GALIZA EXISTE, producida por Galiza Cultura e Vía Galega, con textos de Francisco Rodríguez e ilustrada con debuxos de Pepe Carreiro. A exposicion poderase visitar na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba dende o 6 ata 27 de febreiro de 2026, no horario habitual do Auditorio Municipal.  A mostra, conformada por 20 paneis, afonda na biografía de Rosalía de Castro, no contexto histórico e social no que desenvolveu a súa creación literaria e na relevancia e actualidade dos seus textos.  O proxecto busca poñer en valor a figura dunha…
Ler máis
CLAUSURA DA EXPOSICIÓN “RETRATOS”, DE PEDRO CABARCOS. CONVERSA: ISABEL PARDO E PEDRO CABARCOS. VENRES 16 DE XANEIRO DE 2026, 20:00 HORAS. SALA DE EXPOSICIÓNS DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

CLAUSURA DA EXPOSICIÓN “RETRATOS”, DE PEDRO CABARCOS. CONVERSA: ISABEL PARDO E PEDRO CABARCOS. VENRES 16 DE XANEIRO DE 2026, 20:00 HORAS. SALA DE EXPOSICIÓNS DO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

2026, Actividades, Exposicións
O Instituto de Estudos Chairegos organiza para o vindeiro venres 16 de xaneiro de 2026, ás 20:00 horas, na Sala de expsoicións do Auditorio Municipalde Vilalba, o acto de clausura da Exposición Retratos, unha colección de cadros pintados polo artista vilalbés Pedro Cabarcos para conmemorar o XXV Aniversario do Iescha. Durante o acto, a autor, Pedro Cabarcos, e a debuxante e profesora no Taller Besbello, Isabel Pardo, conversarán sobre distintos aspectos relacio-nados co mundo da arte.  Para poñer o colofón ao acto, os familiares das persoas retratadas (ou as propias persoas, se é o caso) recollerán o seu cadro respectivo, facendo deste xeito á inversa do realizado no acto de inauguración. Esta exposición conformárona 25 retratos de persoas vencelladas á Terra Chá e, dalgún xeito, tamén ao Iescha. A calidade artística do…
Ler máis
EXPOSICIÓN NO XXV ANIVERSARIO DO IESCHA: “RETRATOS”, DE PEDRO CABARCOS. INAUGURACIÓN: XOVES 20/11/25-20:00-SALA AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

EXPOSICIÓN NO XXV ANIVERSARIO DO IESCHA: “RETRATOS”, DE PEDRO CABARCOS. INAUGURACIÓN: XOVES 20/11/25-20:00-SALA AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

2025, Actividades, Exposicións
O Instituto de Estudos Chairegos, en conmemoración do XXV aniversario da súa fundación, organiza a Exposición RETRATOS, unha colección de cadros pintados polo artista vilalbés Pedro Cabarcos. A inauguración terá lugar o vindeiro xoves 20 de novembro, ás 20:00 horas, na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilalba, e permanecerá aberta ao público ata o 16 de xaneiro de 2025, no horario habitual de apertura do Auditorio. Esta exposición confórmana 25 retratos de persoas vencelladas á Terra Chá e, dalgún xeito, tamén ao Iescha. A calidade artística do pintor, Pedro Cabarcos, xunto coa significación das persoas representadas (considerando que moitas máis das que están poderían ser), motivaron a organización desta exposición conmemorativa do XXV aniversario do Iescha, que pretende ser unha homenaxe ao compromiso cultural e á traxectoria compartida. Pedro…
Ler máis
VIAXE DO IESCHA. VISITA Á EXPOSICIÓN “VIGO-MURAS SERIGRAFÍA GALEGA 1971″. SÁBADO 4 DE OUTUBRO DE 2025. 12:00H. LUGAR DE AS AGUIAS-MURAS

VIAXE DO IESCHA. VISITA Á EXPOSICIÓN “VIGO-MURAS SERIGRAFÍA GALEGA 1971″. SÁBADO 4 DE OUTUBRO DE 2025. 12:00H. LUGAR DE AS AGUIAS-MURAS

2025, Actividades, Exposicións, Varios
O vindeiro sábado 4 de outubro de 2025, o Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) ten previsto visitar, no lugar de AS AGUIAS-MURAS, a exposición “Vigo-Muras Serigrafía Galega 1971”, un tributo aos irmáns Álvarez Blázquezque acerca ao público 41 serigrafías saídas dos talleres da Serigrafía Gallega (Sega), fundada en Vigo por Álvaro Álvarez Blázquez, e expostas por primeira vez en Galicia en 1971. Na exposición, promovida polo LEGADO ACTIVO BEIRAS CAL (LABC), poderán verse obras de artistas como Seoane, Laxeiro, Díaz Pardo, Virxilio Prego, Xosé Luis de Dios, os irmáns Quesada, Mercedes Ruibal, María Antonia Dans, Vidal Souto ou Maside, entre outros, configurando un percorrido pola creación galega contemporánea a través da serigrafía. A chegada á As Aguias-Muras está prevista para as 12:00. A continuación faremos unha visita á exposición acompañados por Carme Varela, secretaria do LABC (Legado Activo Beiras Cal). Nesta ocasión, non hai prazo…
Ler máis
RESEÑA DA INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN “RETROSPECTIVA” DE PEDRO CABARCOS. AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA. 28-08-2025. (VÍDEO RESUME)

RESEÑA DA INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN “RETROSPECTIVA” DE PEDRO CABARCOS. AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA. 28-08-2025. (VÍDEO RESUME)

2025, Exposicións, FOTOS, RESEÑA, Vídeos
O pasado venres 28 de agosto, tivo lugar a inauguración da exposición “Retrospectiva” do pintor vilalbés Pedro Cabarcos, organizada polo Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, e que congregou a un público numeroso e entusiasta na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal. Unha inauguración moi especial, na que o artista estivo acompañado por moitas persoas chegadas de diferentes sitios de Galicia: amigas, amigos, ex alumnos e alumnas, así como pola súa familia. A exposición consta de algo máis de 60 cadros, a gran maioría pertencentes a coleccións privadas, realizados en diversas técnicas: lapis, acuarela, acrílico, óleo e pastel. A mostra, centrada principalmente no retrato —gran paixón de Pedro—, ofrece unha viaxe pola traxectoria do artista, cunha orde cronolóxica que, en palabras do propio autor, é tamén…
Ler máis