PALESTRA “MEMORIA DEMOCRÁTICA” A CARGO DE XAVIER FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, CO ACOMPAÑAMENTO DE MARISA BARREIRO. VENRES 26 DE XUÑO DE 2026, ÁS 20:00H. CASA DA CULTURA DE VILALBA. ENTRADA DE BALDE

PALESTRA “MEMORIA DEMOCRÁTICA” A CARGO DE XAVIER FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, CO ACOMPAÑAMENTO DE MARISA BARREIRO. VENRES 26 DE XUÑO DE 2026, ÁS 20:00H. CASA DA CULTURA DE VILALBA. ENTRADA DE BALDE

2026, Actividades, Charla-Coloquio
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) organiza, coa colaboración do Concello de Vilalba, a palestra sobre MEMORIA DEMOCRÁTICA, impartida por XAVIER FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, que estará acompañado pola presidenta do Iescha, MARISA BARREIRO. O acto terá lugar o venres 26 de xuño de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba. XAVIER FERNÁNDEZ RODRÍGUEZXavier Fernández Rodríguez é natural da cidade de Lugo (1981). Porén, as suas raíces familiares están nesta Terra de Montenegro, especialmente nas parroquias de Goiriz, Carballido, Román e Samarugo. Posúe unha formación bastante diversa nos dominios das Ciencias Sociais e Xurídicas e un interese continuo na práctica artística e o desenvolvemento humano através da educación. Na actualidade, está a terminar o Grao en Ciencias Políticas na UNED e é alumno do programa de doutorado “Innovación e…
Ler máis
CINEFORUM “ECLIPSES NO CINEMA”, A CARGO DE MARTIN PAWLEY, CON MARISA BARREIRO. XOVES 25 DE XUÑO DE 2026, ÁS 20:00. ORGANIZA IESCHA. COLABORA CONCELLO DE VILALBA. CASA DA CULTURA. ENTRADA DE BALDE

CINEFORUM “ECLIPSES NO CINEMA”, A CARGO DE MARTIN PAWLEY, CON MARISA BARREIRO. XOVES 25 DE XUÑO DE 2026, ÁS 20:00. ORGANIZA IESCHA. COLABORA CONCELLO DE VILALBA. CASA DA CULTURA. ENTRADA DE BALDE

2026, Actividades, Charla-Coloquio
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) organiza, coa colaboración do Concello de Vilalba, unha actividade divulgativa arredor da relación entre a astronomía e a sétima arte, que contará coa participación de MARTIN PAWLEY, crítico e programador de cinema, divulgador cultural e coordinador dos grupos de traballo sobre contaminación luminosa e diversidade da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. A presentación correrá a cargo da presidenta do Iescha, MARISA BARREIRO. O acto terá lugar o xoves 25 de xuño de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba. MARTIN PAWLEY PROTAGONIZA UNHA NOVA ACTIVIDADE DO IESCHA SOBRE OS ECLIPSES NO CINEMA Baixo o título “Eclipses no cinema”, Pawley ofrecerá unha interesante charla na que realizará un percorrido por unha selección de películas nas que a ocultación do Sol pola Lúa ocupa…
Ler máis
RESEÑA DA CHARLA DE MANUEL MONGE SOBRE MEMORIA DEMOCRÁTICA. PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “CAMARADA FRAGA. MEMORIA DUN FASCISTA”. AUDITORIO DE VILALBA, 29/01/2026. (VIDEO RESUME E FOTOS)

RESEÑA DA CHARLA DE MANUEL MONGE SOBRE MEMORIA DEMOCRÁTICA. PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “CAMARADA FRAGA. MEMORIA DUN FASCISTA”. AUDITORIO DE VILALBA, 29/01/2026. (VIDEO RESUME E FOTOS)

2026, Charla-Coloquio, DOCUMENTAL, FOTOS, RESEÑA, Vídeos
O Auditorio Municipal de Vilalba acolleu o acto organizado polo Instituto de Estudos Chairegos-IESCHA, coa colaboración do Concello de Vilalba, e dedicado á memoria histórica e á análise dos restos do franquismo, cun programa estruturado en catro partes: a proxección do documental “Camarada Fraga. Memoria dun fascista”, a entrega dunha placa de Mención de Honra a título póstumo a Darío Rivas, a charla de Manuel Monge e o turno para o debate. Marisa Barreiro, presidenta do Iescha, foi a encargada de presentar e conducir o acto, explicando os detalles do seu desenvolvemento e o sentido da convocatoria. Na súa intervención inicial contextualizou tamén a entrega da placa de Mención de Honra a título póstumo a Darío Rivas Cando, acordada por unanimidade na Asemblea Xeral Ordinaria do ano 2023 e que…
Ler máis
CHARLA DE MANUEL MONGE SOBRE “MEMORIA HISTÓRICA E OS RESTOS DO FRANQUISMO”, COA PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL: “CAMARADA FRAGA. MEMORIA DUN FASCISTA”, DA CRMH DE A CORUÑA.

CHARLA DE MANUEL MONGE SOBRE “MEMORIA HISTÓRICA E OS RESTOS DO FRANQUISMO”, COA PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL: “CAMARADA FRAGA. MEMORIA DUN FASCISTA”, DA CRMH DE A CORUÑA.

2026, Actividades, Charla-Coloquio
O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza para o xoves 29 de xaneiro de 2026, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba, a charla de MANUEL MONGE sobre MEMORIA HISTÓRICA E OS RESTOS DO FRANQUISMO. A presentación correrá a cargo da presidenta do Iescha, MARISA BARREIRO. Durante o acto, levarase a cabo tamén a proxección do documental “CAMARADA FRAGA. MEMORIA DUN FASCISTA”, producido pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña-CRMH, con guión do propio Manuel Monge. Tamén, no mesmo acto, levaráse a cabo a ENTREGA DA PLACA COA MENCIÓN DE HONRA DO IESCHA A TÍTULO POSTUMO A DARIO RIVAS CANDO, o loitador da memoria, acordada por unanimidade na Asamblea Xeral Ordinaria do ano 2023, entre outras razóns, “por activar as xestións en…
Ler máis
PALESTRA “UNHA VIAXE POLA POESÍA ÍNTIMA DE MANUEL MARÍA”, POR ALBERTE ANSEDE. EXPOSICIÓN “MANUEL MARÍA: AMOR E COMPROMISO”. VENRES 25-10.

PALESTRA “UNHA VIAXE POLA POESÍA ÍNTIMA DE MANUEL MARÍA”, POR ALBERTE ANSEDE. EXPOSICIÓN “MANUEL MARÍA: AMOR E COMPROMISO”. VENRES 25-10.

2024, Actividades, Charla-Coloquio, Exposicións
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa FUNDACIÓN MANUEL MARÍA, organiza a PALESTRA “UNHA VIAXE POLA POESÍA ÍNTIMA DE MANUEL MARÍA“, a cargo de ALBERTE ANSEDE, presidente da Fundación Manuel María. O acto terá lugar na Casa de Cultura de Vilalba, o VENRES 25 DE OUTUBRO DE 2024, ás 20:00 horas. No mesmo evento, levarase a cabo a inauguración da EXPOSICIÓN “MANUEL MARÍA: BELEZA, AMOR E COMPROMISO”, que permanecerá aberta ao público ata o día 15 de novembro de 2024. Manuel María. Beleza, amor e compromiso (1929-2004) é un proxecto da Casa-Museo Manuel María coa colaboración da Concellería de Cultura para achegar á cidadanía a figura, a vida e a obra de Manuel María a través dunha exposición divulgativa que amosa de xeito ameno e gráfico a traxectoria…
Ler máis
RESEÑA DA CHARLA DE MARTIN PAWLEY “OS FILMES DE AGUSTIN”, SOBRE A PAIXÓN CINEMATOGRÁFICA DE AGUSTIN FERNÁNDEZ PAZ. 23-04-2024. CASA DA CULTURA (Fotos e video resume-Music by Umasha Pros from Pixabay)

RESEÑA DA CHARLA DE MARTIN PAWLEY “OS FILMES DE AGUSTIN”, SOBRE A PAIXÓN CINEMATOGRÁFICA DE AGUSTIN FERNÁNDEZ PAZ. 23-04-2024. CASA DA CULTURA (Fotos e video resume-Music by Umasha Pros from Pixabay)

2024, Charla-Coloquio, Cine, FOTOS, RESEÑA, Vídeos
A charla que Martin Pawley impartiu sobre a paixón cinematográfica de Agustín Fernández Paz, este martes 23 de abril na Casa da Cultura de Vilalba organizada polo IESCHA, resultou enriquecedora e inspiradora. Abriu o acto Marisa Barreiro, presidenta do Iescha, quen, tras condenar unha vez máis o xenocidio que segue a sufrir o pobo palestino, explicou a importancia deste día e a súa relación co contido da charla: o 23 de abril é o día que se convoca oficialmente o Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade, que este ano chega á súa VIII edición. Lamenta, iso sí, que este acto aínda non se poida celebrar na Casa da Cultura “Manuel María”; que a Biblioteca Municipal non poida levar o nome de “Agustín Fernández Paz”, ou que…
Ler máis
CHARLA DE MARTÍN PAWLEY “OS FILMES DE AGUSTÍN” SOBRE A PAIXÓN POLO CINEMA DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ. MARTES 23 DE ABRIL, ÁS 20:00, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA.

CHARLA DE MARTÍN PAWLEY “OS FILMES DE AGUSTÍN” SOBRE A PAIXÓN POLO CINEMA DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ. MARTES 23 DE ABRIL, ÁS 20:00, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA.

2024, Actividades, Charla-Coloquio
O Instituto de Estudos Chairegos organiza a charla “OS FILMES DE AGUSTÍN”, impartida por MARTIN PAWLEY, crítico, programador, produtor de cine e divulgador científico, sobre a paixón polo cinema de Agustín Fernández Paz.  O acto terá lugar o martes 23 de abril de 2024, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, e será presentado por Marisa Barreiro, presidenta do Iescha.  (ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR AFORO). Descrición:  O amor polo cinema de Agustín Fernández Paz foi unha característica esencial da súa vida e da súa obra literaria, onde esa paixón se expresou de forma explícita en libros coma "Amor dos quince anos, Marilyn" e "Fantasmas de luz".  Martin Pawley, crítico de cinema e amigo persoal do autor vilalbés, fará nesta charla un percorrido pola formación cinéfila de Agustín Fernández Paz e repasará algúns dos seus filmes…
Ler máis
IVÁN PRADO: “UN PALLASO DE LUGO EN PALESTINA”, CHARLA CON MATERIAL VIDEOGRÁFICO. O MARTES 12 DE MARZO DE 2024, ÁS 20:00 H., NA CASA DA CULTURA DE VILALBA

IVÁN PRADO: “UN PALLASO DE LUGO EN PALESTINA”, CHARLA CON MATERIAL VIDEOGRÁFICO. O MARTES 12 DE MARZO DE 2024, ÁS 20:00 H., NA CASA DA CULTURA DE VILALBA

2024, Actividades, Charla-Coloquio
O Instituto de Estudos Chairegos organiza, o martes 12 de marzo de 2024, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, un acto de apoio ao pobo palestino denominado “UN PALLASO DE LUGO EN PALESTINA” no que IVÁN PRADO, no marco da exposición “VOCES PALESTINAS QUE CONTAN” montada pola Biblioteca “Agustín Fernández Paz” do IES Basanta Silva de Vilalba e que aínda permanece aberta na propia Casa da Cultura, impartirá unha charla sobre o tema apoiándose tamén en material videográfico. Entrada libre ata completar aforo. Iván Prado (Lugo).- Director de Festiclown, Portavoz de Pallasos en Rebeldía, Clown Internacional, Formador e Director de Clown, “Artivista” Intercontinental e Dinamizador de Procesos. É o director dos festivais Festiclown (Galicia), Festiclown Multisede (Madrid, Asturias e Galicia), Festiclown Palestina, Festiclown Favela (Río de Xaneiro),…
Ler máis
PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “AS SILENCIADAS” DE PABLO CES. INTRODUCIÓN E CHARLA-COLOQUIO DE AURORA MARCO, GUIONISTA DO MESMO. XOVES 7 DE MARZO DE 2024, ÁS 20:00 H., NA CASA DA CULTURA DE VILALBA

PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “AS SILENCIADAS” DE PABLO CES. INTRODUCIÓN E CHARLA-COLOQUIO DE AURORA MARCO, GUIONISTA DO MESMO. XOVES 7 DE MARZO DE 2024, ÁS 20:00 H., NA CASA DA CULTURA DE VILALBA

2024, Actividades, Charla-Coloquio, DOCUMENTAL
O Instituto de Estudos Chairegos, continuando cos actos programados para o primeiro trimestre do ano, organiza o xoves 7 de marzo de 2024, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, a PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL “AS SILENCIADAS”, realizado por PABLO CES, con guión do propio Pablo Ces e de AURORA MARCO, que levou a cabo un importante traballo de investigación sobre o tema, e que estará presente no acto para facer a introdución ao documental así como participar na charla-coloquio posterior á súa proxección. A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do Iescha. “As silenciadas”, estreado no ano 2010, é un documental histórico que recupera historias de vida, contextualizadas, de numerosas mulleres que estiveron na clandestinidade ou apoiaron desde o chairo o movemento guerrilleiro, e que pola súa defensa foron duramente represaliadas, ben coa morte, ou ben co cárcere, a tortura, o desterro ou o exilio.…
Ler máis
RESEÑA DO COLOQUIO SOBRE JUANA DE VEGA DENTRO DO CICLO MULLERES GALEGAS. XOSÉ RAMÓN VEIGA ALONSO, ANA CABANA IGLESIA E MARTA VEIGA IZAGUIRRE (VIDEO-RESUME)

RESEÑA DO COLOQUIO SOBRE JUANA DE VEGA DENTRO DO CICLO MULLERES GALEGAS. XOSÉ RAMÓN VEIGA ALONSO, ANA CABANA IGLESIA E MARTA VEIGA IZAGUIRRE (VIDEO-RESUME)

2023, Charla-Coloquio, CICLO MULLERES GALEGAS, RESEÑA, Vídeos
Moi interesante o coloquio que sobre a figura de JUANA DE VEGA tivemos a oportunidade de presenciar onte, venres 15 de setembro, na Casa da Cultura de Vilalba, nun acto organizado polo IESCHA, coa colaboración do Concello, dentro do CICLO MULLERES GALEGAS, e no que participaron Xosé Ramón Veiga Alonso, Ana Cabana Iglesia e Marta Veiga Izaguirre.  Marisa Barreiro, presidenta do Iescha foi a encargada de facer a súa presentación e realizar unha primeira aproximación a Juana de Vega, contextualizando a súa época e a súa traxectoria vital. A continuación, Marta Veiga, a través de preguntas, e Xosé Ramón Veiga e Ana Cabana, respondendo a elas, foron esmiuzando a biografía e os aspectos máis destacados da figura de Juana de Vega: a súa orixe; a súa educación; o seu carácter…
Ler máis