ACTO DA CULTURA CHAIREGA-II. HOMENAXE A MANUEL MARÍA. XXI CABODANO. CONCERTO DE CRIS ROMÁN. AUDITORIO, 13-09-25, ÁS 20:00 HORAS
O sábado 13 de setembro de 2025, ás 20:00 h. no Auditorio Municipal de Vilalba, terá lugar lugar o segundo evento programado polo IESCHA, coa colaboración da Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, dentro dos ACTOS DA CULTURA CHAIREGA EN HOMENAXE A MANUEL MARÍA NO SEU XXI CABODANO: O CONCERTO DE CRIS ROMÁN. Cris Román.- “A compositora e cantante Cris Román, comezou a súa andaina musical co grupo de Rock Areavasta. En 2014 decide comezar a súa aventura en solitario e en abril de 2016 siu á luz o disco autoproducido A Cuentagotas. Profesora da USC, Cris Román, reparte o seu tempo entre a investigación e a docencia e a súa paixón pola música. Unha autora comprometida, con alma de roqueira baixo un antifaz de pop aterciopelado. Acompañada dunha…








