ACTO DE ENTREGA DO IX PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ DE NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL POLA IGUALDADE A FRAN FERNÁNDEZ DAVILA POLO LIBRO “QUERO SER COMA VERO BOQUETE” 24-10-26, 20:00 h. AUDITORIO DE VILALBA

2026, Actividades, Homenaxes, Premio Agustín Fernández Paz
O Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia organizan o acto de entrega do IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade ao escritor gañador, FRAN FERNÁNDEZ DAVILA, polo seu libro “QUERO SER COMA VERO BOQUETE”, que terá lugar o sábado 24 de outubro de 2026, ás 20:00 horas, no AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA. O referido acto, enmarcado nesta ocasión na Iniciativa Agustín Fernández Paz 2026-2027 “MIRADAS SOBRE AGUSTÍN”, será presentado por CARMEN HERMIDA e contará coas intervencións de MARISA BARRERO, presidenta do Iescha; MARTA ROUCO alcaldesa de Vilalba; FRAN ALONSO, director de Edicións Xerais de Galicia; MANUEL BRAGADO, membro do Xurado, e FRAN FERNÁNDEZ DAVILA, gañador do IX Premio Agustín Fernández Paz, que irán intercalándose entre as actuacións previstas.…
Ler máis
O IESCHA ORGANIZA O ACTO INAUGURAL DA “INICIATIVA AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ 2026-2027: MIRADAS SOBRE AGUSTÍN”. VENRES 23 DE OUTUBRO DE 2026 – 19:00 H. BIBLIOTECA MUNICIPAL “AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ” DE VILALBA

2026, Actividades, Conferencias, Homenaxes, MIRADAS SOBRE AGUSTÍN
O IESCHA presenta en Vilalba a “Iniciativa Agustín Fernández Paz 2026/2027: Miradas sobre Agustín" A iniciativa "Miradas sobre Agustín", promovida polo IESCHA en Vilalba, nace coa vontade de divulgar a obra e o legado de Agustín Fernández Paz, unha figura fundamental da literatura galega contemporánea e da cultura vinculada á lectura, á educación e á creación. Ao longo do curso 2026–2027, o programa propón encontros, conversas, actividades literarias e celebracións arredor das múltiples dimensións de Agustín: a literatura, o cinema, o cómic, a lingua, a renovación pedagóxica e a relación coas novas xeracións. A iniciativa está organizada polo IESCHA, co apoio da familia e coa participación das amizades e das persoas valedoras da figura do autor. Neste marco, o vindeiro venres 23 de outubro de 2026, ás 19:00 horas, a…
Ler máis
ACTOS DA CULTURA CHAIREGA. HOMENAXE A MANUEL MARÍA NO XXII CABODANO. DOMINGO 6 (ESPAZO MANUEL MARÍA-CASA DA CULTURA) E SÁBADO 12 DE SETEMBRO DE 2026 (AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA)

ACTOS DA CULTURA CHAIREGA. HOMENAXE A MANUEL MARÍA NO XXII CABODANO. DOMINGO 6 (ESPAZO MANUEL MARÍA-CASA DA CULTURA) E SÁBADO 12 DE SETEMBRO DE 2026 (AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA)

2026, Actividades, Concertos, Homenaxes, Manuel Maria
Coma todos os anos por estas datas, o Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza os ACTOS DA CULTURA CHAIREGA-2026, en homenaxe a MANUEL MARÍA, coincidindo neste ano co seu XXII CABODANO. PROGRAMA DOMINGO 6 DE SETEMBRO DE 2026 – ÁS 12:30 HORAS NO ESPAZO MANUEL MARÍA (Entrada de balde) Terá lugar unha ofrenda floral ao pé da súa escultura, así como un recital poético popular, aberto a toda a xente que queira participar con poesías, cancións ou calquera outro texto relacionado co gran poeta chairego. O apartado musical correrá a cargo de CARLOS GÓMEZ OSA. SÁBADO 12 DE SETEMBRO DE 2026 – ÁS 20:00 HORAS NO AUDITORIO MUNICIPAL (Entrada de balde. Haberá que facer a correspondente reserva de localidade en entradasvilalba.es) Terá lugar lugar o concerto de CATRO NUN ZOCO. Catro nun zoco.- “Catro nun zoco é un proxecto…
Ler máis
PARABÉNS DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS DE VILALBA A RAÚL RÍO, SOCIO DO IESCHA, POLA CONCESIÓN DO CAXATO DE AVELINO 2026. ACTO DE ENTREGA EN TEO MAÑÁ XOVES 20 DE AGOSTO.

PARABÉNS DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS DE VILALBA A RAÚL RÍO, SOCIO DO IESCHA, POLA CONCESIÓN DO CAXATO DE AVELINO 2026. ACTO DE ENTREGA EN TEO MAÑÁ XOVES 20 DE AGOSTO.

2026, Actividades, Comunicados, Homenaxes
Mañá xoves, 20 de agosto, o guitiricense Raúl Río recibirá o Caxato de Avelino dentro do acto de homenaxe a Avelino Pousa Antelo que se celebra anualmente en Teo. Xa en 2016 recibiu a Navalla de Manuel María. Desde o IESCHA querémonos sumar a este novo e merecido recoñecemento a Raúl, socio da nosa entidade, polo seu labor na defensa da lingua e cultura galegas, tanto aquí na nosa terra coma en Euskadi, onde desenvolveu a súaactividade profesional e lugar que alterna cos seus Vilares natal como residencia ao longo do ano. Foi un dos fundadores da Asociación Cultural Rosalía Castro de Barakaldo e autor dun busto en granito dedicado ao seu veciño Xosé Mª Díaz Castro. Colabora habitualmente na prensa de Euskadi e Galicia e desenvolve unha intensa actividade como reporteiro gráfico, posuíndo un enorme e interesante arquivo gráfico e sonoro da vida cultural chairega e galega desde…
Ler máis
NO X CABODANO DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ (1947-2016). LEMBRANZA E HOMENAXE DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS “PENA DO ENCANTO” (IESCHA) DE VILALBA CANDO SE CUMPLEN 10 ANOS DO SEU PASAMENTO

NO X CABODANO DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ (1947-2016). LEMBRANZA E HOMENAXE DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS “PENA DO ENCANTO” (IESCHA) DE VILALBA CANDO SE CUMPLEN 10 ANOS DO SEU PASAMENTO

2026, Actividades, Comunicados, Homenaxes
O IESCHA LEMBRA E HOMENAXEA A AGUSTÍN FERNANDEZ PAZ (1947-2016) NO SEU X CABODANO: O SEU LEGADO CONTINÚA VIVO NAS SÚAS HISTORIAS, NAS AULAS, NAS BIBLIOTECAS E, SOBRE TODO, NO CORAZÓN DE MILLEIROS DE LECTORAS E LECTORES. AGUSTÍN, SEMPRE NA NOSA MEMORIA!!! VIDEO HOMENAXE
Ler máis
POLAVILA DOCAMPO 2026. HOMENAXE A XABIER P. DOCAMPO. PROGRAMA DE ACTIVIDADES: DO MÉRCORES 8 ATA O SÁBADO 11 DE ABRIL (ACTO CENTRAL). LOCALIZACIÓNS: BIBLIOTECA, MUÍÑO DO RAÑEGO, AUDITORIO MUNICIPAL…

POLAVILA DOCAMPO 2026. HOMENAXE A XABIER P. DOCAMPO. PROGRAMA DE ACTIVIDADES: DO MÉRCORES 8 ATA O SÁBADO 11 DE ABRIL (ACTO CENTRAL). LOCALIZACIÓNS: BIBLIOTECA, MUÍÑO DO RAÑEGO, AUDITORIO MUNICIPAL…

2026, Actividades, Homenaxes
8 de abril | Mércores 19:30 h.- Biblioteca Municipal Agustín Fernández Paz Palestra: “Xabier Docampo e o cinema” A cargo de Martín Pawley 9 de abril | Xoves 18:00 h.- Biblioteca Municipal Agustín Fernández Paz Contada infantil arredor da figura de Docampo Con Ángeles Goás 10 de abril | Venres 19:30 h.- Sala Auditorio de Vilalba Inauguración da exposición: “O pintor cego”, Con debuxos de Xosé Cobas 20:00 h.- Sala Auditorio de Vilalba Palestra: Manuel Bragado reflexiona sobre Xabier P. Docampo 11 de abril | Sábado POLAVILA DOCAMPO (Xornada central) Muíño do Rañego 12:00 h — Apertura oficial Con Marisa Barreiro e Cesáreo Sánchez Iglesias 12:15 h — Conversa literaria sobre o libro de Docampo “Cando petan na porta pola noite” Con Atenea Ruibal, Susana Pérez e Beatriz Maceda 13:15…
Ler máis
OFRENDA FLORAL DO IESCHA EN HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO. COA LECTURA DO MANIFESTO DA AELG (EVA VEIGA). LUNS 23 DE FEBREIRO DE 2026, ÁS 12:30 HORAS, NO PARQUE ROSALÍA DE CASTRO DE VILALBA

OFRENDA FLORAL DO IESCHA EN HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO. COA LECTURA DO MANIFESTO DA AELG (EVA VEIGA). LUNS 23 DE FEBREIRO DE 2026, ÁS 12:30 HORAS, NO PARQUE ROSALÍA DE CASTRO DE VILALBA

2026, Actividades, Homenaxes
 Continuando coa programación prevista para este mes de febreiro co gallo da homenaxe a ROSALÍA DE CASTRO, o Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza a OFRENDA FLORAL A ROSALÍA AO CARÓN DO SEU MONÓLITO. O acto levarase a cabo o luns 23 de febreiro de 2026, ás 12:30 horas, no PARQUE ROSALÍA DE CASTRO DE VILALBA. Ademais da ofrenda floral, Marisa Barreiro, presidenta do Iescha, procederá a dar lectura ao Manifesto da AELG no Día de Rosalía de Castro, co lema 'Mais eles tamén perdidos’, escrito por EVA VEIGA, da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG). Así mesmo, haberá tempo para o apartado de LECTURA DE TEXTOS  ABERTA AO PÚBLICO. Rosalía de Castro (1837-1885) foi unha das escritoras máis importantes da literatura galega,…
Ler máis
HOMENAXE DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS A BERNARDO GARCÍA CENDÁN NO XIII CABODANO. DOMINGO 28 DE DECEMBRO DE 2025, ÁS 12:30 HORAS, NA PRAZA DA IGREXA, AO CARÓN DA LOUSA CONMEMORATIVA

HOMENAXE DO INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS A BERNARDO GARCÍA CENDÁN NO XIII CABODANO. DOMINGO 28 DE DECEMBRO DE 2025, ÁS 12:30 HORAS, NA PRAZA DA IGREXA, AO CARÓN DA LOUSA CONMEMORATIVA

2025, Actividades, Homenaxes
O domingo 28 de decembro de 2025, ás 12:30 horas, na PRAZA DA IGREXA DE VILALBA, o Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), coa colaboración do CONCELLO DE VILALBA, organiza a homenaxe a Bernardo García Cendán no seu XIII Cabodano, que terá lugar ao carón da lousa coa inscrición conmemorativa inaugurada hai tres anos (obra do canteiro José Gómez de Bernardo “Pepón”). O acto terá un apartado para o recitado de textos do propio Bernardo, e outro musical no que intervirán os grupos: - LAMBE LAMBE- CORREDORES DE SOMBRA A palabra e a música, dous dos elementos que sempre estiveron presentes na vida de Bernardo, xuntaranse un ano máis na Praza da Igrexa de Vilalba, ao carón da súa lousa, nun encontro para a lembranza, para o cariño, para a loubanza…
Ler máis
ACTO DA CULTURA CHAIREGA-II. HOMENAXE A MANUEL MARÍA. XXI CABODANO. CONCERTO DE CRIS ROMÁN. AUDITORIO, 13-09-25, ÁS 20:00 HORAS

ACTO DA CULTURA CHAIREGA-II. HOMENAXE A MANUEL MARÍA. XXI CABODANO. CONCERTO DE CRIS ROMÁN. AUDITORIO, 13-09-25, ÁS 20:00 HORAS

2025, Actividades, Concertos, Homenaxes, Manuel Maria
O sábado 13 de setembro de 2025, ás 20:00 h. no Auditorio Municipal de Vilalba, terá lugar lugar o segundo evento programado polo IESCHA, coa colaboración da Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, dentro dos ACTOS DA CULTURA CHAIREGA EN HOMENAXE A MANUEL MARÍA NO SEU XXI CABODANO: O CONCERTO DE CRIS ROMÁN. Cris Román.- “A compositora e cantante Cris Román, comezou a súa andaina musical co grupo de Rock Areavasta. En 2014 decide comezar a súa aventura en solitario e en abril de 2016 siu á luz o disco autoproducido A Cuentagotas. Profesora da USC, Cris Román, reparte o seu tempo entre a investigación e a docencia e a súa paixón pola música. Unha autora comprometida, con alma de roqueira baixo un antifaz de pop aterciopelado. Acompañada dunha…
Ler máis
RESEÑA DA HOMENAXE A MANUEL MARÍA QUE ORGANIZA O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS COINCIDINDO CO XXI CABODANO DO SEU PASAMENTO. 7/09/25.

RESEÑA DA HOMENAXE A MANUEL MARÍA QUE ORGANIZA O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS COINCIDINDO CO XXI CABODANO DO SEU PASAMENTO. 7/09/25.

2025, FOTOS, Homenaxes, RESEÑA, Vídeos
Manuel María, o poeta da Terra Chá, ese que fixo da nosa lingua bandeira e da nosa paisaxe poesía, volveu ser centro de lembranza, palabra e emoción compartida. Nin siquera o vento e a choiva que fixeron acto de presenza durante a mañá foron quen de frear o agarimo das persoas que se xuntaron a carón da escultura para honrar a súa memoria no XXI cabodano. Durante o acto, celebrado este domingo 7 de setembro no Espazo Manuel María, foron lidos diversos poemas da súa obra, versos que seguen a resoar tan actuais e necesarios coma no día en que foron escritos. Cada lectura converteuse nunha pequena ofrenda, nun xeito de dicirlle ao poeta que seguimos a camiñar coa súa voz acesa. A música tamén tivo un lugar destacado grazas…
Ler máis