EXPOSICIÓN “O HERBARIO DE AGUSTIN” POLO ALUMNADO DO CLUB DE LECTURA, DO EQUIPO DA BIBLIOTECA E DO CLUB DE CIENCIA DO IES BASANTA SILVA DE VILALBA DO 23/10/26 AO 10/11/26, NA CASA DA CULTURA DE VILALBA
A mostra convida a descubrir a relación entre literatura, ciencia e natureza a través das referencias ás plantas presentes nas obras de Agustín Fernández Paz. A Casa da Cultura de Vilalba acollerá do 23 de outubro ao 10 de novembro a exposición «O Herbario de Agustín», un proxecto que nace dun coidado proceso de lectura e investigación arredor das obras de Agustín Fernández Paz e que busca poñer en valor a riqueza do patrimonio literario e natural a través das especies vexetais que aparecen nos seus textos. O herbario é froito do traballo colaborativo do alumnado do Club de Lectura, do equipo da Biblioteca e do Club de Ciencia do IES Santiago Basanta Silva de Vilalba, que se mergullaron nos libros do autor cunha mirada atenta para identificar e documentar…

