VI EXPOSICIÓN: TAL COMO ERAMOS

VI EXPOSICIÓN: TAL COMO ERAMOS

Actividades, Exposicións
Nova exposición de fotografía antiga de Guitiriz e a súa xente. É xa a sexta que organiza o Instituto de Estudos Chairegos, que correspondería facer xa no pasado ano, pero que foi adiada por mor da Covid-19. Como nas anteriores edicións, nesta exposición móstranse 120 fotos en branco e negro e de temática diversa; lugares, festas, persoas soas ou en grupos, traballos, ocio, deporte, etc. Con cada unha delas podemos gozar coa lembranza ou aprender como era a nosa vila hai décadas e como vivían, como vestían, como se divertían, como traballaban, etc. os guitiricenses da segunda metade do século pasado. Esta exposición, ao igual cas pasadas, estará aberta ao público na Escola Habaneira, a partir do venres, 17 de decembro, ás 19h. Ese mesmo día realizarase o visionado comentado…
Ler máis
NEGRO PÚRPURA DE SABELA IGLESIAS E ADRIANA P. VILLANUEVA

NEGRO PÚRPURA DE SABELA IGLESIAS E ADRIANA P. VILLANUEVA

Actividades, Cine
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) e a Vicepesidencia-Área de Cultura da Deputación de Lugo, en colaboración co Concello de Vilalba, organizan para o venres 5 de novembro de 2021, no Auditorio Municipal de Vilalba, a proxección da película-documental NEGRO PÚRPURA, producida por ILLA BUFARDA e dirixida por SABELA IGLESIAS e ADRIANA P. VILLANUEVA. O acto dará comezo ás 20:00 horas e contará coa presenza das dúas directoras do film para facer a presentación do mesmo.
Ler máis
ENTREGA DO IV PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ A IRIA MISA,  POR A CIDADE DO ÁTOMO

ENTREGA DO IV PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ A IRIA MISA, POR A CIDADE DO ÁTOMO

Actividades, Premio Agustín Fernández Paz
O Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia organizan o acto de entrega do IV Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade á escritora gañadora, IRIA MISA, polo seu libro A CIDADE DO ÁTOMO, que terá lugar o sábado, día 23 de outubro de 2021, ás 20:00 horas, no AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA. O referido acto, presentado por CARMEN HERMIDA, contará coa intervención de MARISA BARREIRO, presidenta do Iescha, ELBA VELEIRO, alcaldesa de Vilalba; FRAN ALONSO, director de Edicións Xerais de Galicia; MANUEL BRAGADO, membro do Xurado, e IRIA MISA, gañadora do premio. Durante o acto irán producíndose distintas actuacións relacionadas coa música, coa poesía, cos textos teatrais, coa imaxe… Para elo, contamos coa participación de: BMV ENSEMBLE, interpretando o…
Ler máis

LOIS PÉREZ DÍAZ GAÑADOR DO V PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

Actividades
O sábado 23 de outubro de 2021, ás 17:00 horas, reuniuse, no local do IESCHA da Casada Cultura, o Xurado do V Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenilpola Igualdade, convocado polo Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba eEdicións Xerais de Galicia, e formado por Dª Iria Misa Peralba, D. Manuel BragadoRodríguez e D. Xosé Lastra Muruais. Unha vez rematada a reunión emiten o seguinteDITAME: O Xurado acorda, por unanimidade, outorgar o V Premio Agustín Fernández Paz denarrativa infantil e xuvenil pola igualdade á obra titulada A GRUTA DA TORREpresentada baixo o lema ou seudónimo de UN PESO SEMPRE SE GASTOU.Unha vez aberta a plica, resultou ser o seu autor LOIS PÉREZ DÍAZ. O xurado salienta da obra gañadora o interese da trama que se desenvolve…
Ler máis
DEBATES NECESARIOS: QUE SABEMOS DO PXOM?

DEBATES NECESARIOS: QUE SABEMOS DO PXOM?

Actividades
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), continuando coa súa programación anual, organiza para os días 22 e 29 de outubro de 2021 senllos actos que teñen como temática común o PXOM (PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL). Baixo o título común de QUE SABEMOS DO PXOM?, estes dous actos consistirán no seguinte: •O venres 22 de outubro de 2021, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, terá lugar unha conferencia a cargo de Fátima López Souto, que leva por título “O Planeamento. Ferramenta para facer cidade”. Presentará Marisa Barreiro. •O venres 29 de outubro de 2021, ás 20:30 horas, tamén na Casa da Cultura de Vilalba, levarase a cabo un debate entre representantes de catro partidos políticos vilalbeses: Bloque Nacionalista Galego (BNG), Partido Popular (PP), Partido Socialista (PSOE) e…
Ler máis
CONCERTO HOMENAXE A MANUEL MARÍA: GRUPO SOL DO FARO BRASS DE CHANTADA

CONCERTO HOMENAXE A MANUEL MARÍA: GRUPO SOL DO FARO BRASS DE CHANTADA

Actividades
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración co Concello de Vilalba, organiza un concerto homenaxe a Manuel María a cargo do grupo musical SOL DO FARO BRASS de Chantada, todo elo dentro do programa MUSIQUEANDO convocado e financiado pola Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística da Vicepresiden-cia da Deputación de Lugo. O acto terá lugar o sábado 25 de setembro de 2021, ás 20:00 horas, na entrada da  CASA DA CULTURA DE VILALBA, ao carón da escultura de MANUEL MARÍA. No caso de mal tempo, o concerto levaríase a cabo no Auditorio Municipal. 
Ler máis
INAUGURACIÓN ESCULTURA DE MANUEL MARÍA<br>de José Gómez de Bernardo

INAUGURACIÓN ESCULTURA DE MANUEL MARÍA
de José Gómez de Bernardo

Actividades
O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS organiza o acto de inauguración da escultura de MANUEL MARÍA, obra do canteiro JOSÉ GÓMEZ DE BERNARDO, que terá lugar o sábado 4 de setembro de 2021, ás 12:00, na entrada da Casa da Cultura de Vilalba. A escultura foi doada polo Instituto de Estudos Chairegos ao pobo de Vilalba. Intervirán: -Elba Veleiro, Marisa Barreiro, Alberte Ansede, Felipe Senén, José Gómez de Bernardo e Saleta Goi, facendo uso da palabra. -Buxos Verdes e Cris Román, no apartado musical. https://youtu.be/NzkAWnVdkUM
Ler máis

O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS “PENA DO ENCANTO” DE VILALBA VEN
DE ADHERIRSE AO MANIFESTO EN DEFENSA DO MUSEO DE PREHISTORIA E
ARQUEOLOXÍA DE VILALBA

Actividades
MANIFESTO EN DEFENSA DO MUSEO DE PREHISTORIA E ARQUEOLOXÍA DEVILALBA. SITUACIÓNO Organismo Autónomo Local "Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba"(MUPAV) nos seus trinta anos de existencia converteuse nun referente para amuseoloxía e para a investigación arqueolóxica na Península Ibérica. A pesar dosprecarios medios que sufriu dende a súa fundación, ven desenvolvendo unhaimportante tarefa de custodia, investigación e divulgación do patrimonioarqueolóxico.Nos últimos anos a súa situación económica empeorou, xa que o orzamentoaprobado pola institución da que depende (Concello de Vilalba, Lugo) non ésuficiente para sufragar os gastos correntes, asumindo a Asociación de Amigosdo Museo de Vilalba os gastos relativos ás actividades de extensión cultural.O incumprimento por parte do Concello de Vilalba das súas obrigas de conservare manter os locais públicos ocupados polo MUPAV, agravado por unha serie dedesgrazas (incendio, inundación…
Ler máis
REPRESENTACIÓN TEATRAL: POETA EN NOVA YORK

REPRESENTACIÓN TEATRAL: POETA EN NOVA YORK

Actividades
O Instituto de Estudos Chairegos “Pena do Encanto” (Iescha), en colaboración co Concello de Vilalba, e dentro do ciclo “Seráns Teatrais” convocado pola Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística da Deputación de Lugo, organiza a representación da adaptación da obra de Federico García Lorca POETA EN NOVA YORK, a cargo do grupo , de Lugo. Terá lugar o vindeiro xoves 26 de agosto de 2021, ás 22:30 horas, no patio exterior do CEIP MANUEL MATO VIZOSO de Vilalba, realizándose a entrada exclusivamente pola porta da pista de baloncesto. A entrada é gratuíta, pero o aforo estará limitado a 90 persoas por orde de inscrición, que terá que ser realizada enviando un correo electrónico a produtora.palomalugilde@gmail.com co nome, apelidos e número de teléfono das persoas que desexen asistir,…
Ler máis