CARLOS CALLÓN.- Recibe o Premio da Crítica de Galicia 2023, na modalidade de Investigación, polo seu traballo “O libro negro da lingua galega”.

CARLOS CALLÓN.- Recibe o Premio da Crítica de Galicia 2023, na modalidade de Investigación, polo seu traballo “O libro negro da lingua galega”.

2023, FOTOS
DENDE O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS DE VILALBA, MOITOS PARABÉNS!!! Carlos Callón, obtivo o Premio da Crítica de Galicia 2023, na modalidade de investigación, polo seu traballo "O libro negro da lingua galega". O xurado salientou a capacidade da obra para unir e compilar unha cantidade inxente de documentación, combinando o ton divulgativo coa rigorosidade da investigación.
Ler máis
ANXO ANGUEIRA.- Elixido novo académico de número da Real Academia Galega (RAG). Ocupará a vacante producida polo pasamento de Salvador García Bodaño.

ANXO ANGUEIRA.- Elixido novo académico de número da Real Academia Galega (RAG). Ocupará a vacante producida polo pasamento de Salvador García Bodaño.

2023, FOTOS
DENDE O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS DE VILALBA, MOITOS PARABÉNS!!! A Real Academia Galega elixiu novo académico de número o escritor e investigador Anxo Angueira (Dodro, 1961) no pleno ordinario celebrado esta mañá no pazo municipal de María Pita. O profesor da Universidade de Vigo, actual presidente da Fundación Rosalía de Castro, ocupará a vacante producida polo pasamento do poeta Salvador García Bodaño-Zunzunegui o pasado mes de marzo.
Ler máis
RESEÑA DA CONFERENCIA DE LIDIA MARIÑO “TRALAS PEGADAS DA VELLA. O RECORDO NO FOLCLORE DA GRAN DEUSA PREHISTÓRICA”. 27-10-23 (VIDEO)

RESEÑA DA CONFERENCIA DE LIDIA MARIÑO “TRALAS PEGADAS DA VELLA. O RECORDO NO FOLCLORE DA GRAN DEUSA PREHISTÓRICA”. 27-10-23 (VIDEO)

2023, CICLO MULLERES GALEGAS, Conferencias, Vídeos
A charla ofrecida este venres na Casa da Cultura por LIDIA MARIÑO: “TRALAS PEGADAS DA VELLA. O RECORDO NO FOLCLORE DA GRAN DEUSA PREHISTÓRICA”, organizada polo IESCHA, resultou, sen dúbida, moi interesante, detallada e completa, abordando con profundidade as múltiples facetas deste enigmático personaxe. Xa MARISA BARREIRO, na presentación da conferenciante, fixo unha importante introdución á temática, dando paso a continuación á ponente. O recordo dunha antiga Deusa, presente en todas as culturas baixo diferentes aspectos foi un dos puntos centrais da charla de Lidia Mariño, que nos falou da Vella como fiandeira, como nai, como contraparte do vello, destacando a súa capacidade de volverse nova, nai e filla. a súa capacidade de transformarse en serpe ou paxaro, revelando así a súa estreita vinculación coa natureza e o cosmos. Este mito,…
Ler máis
CICLO MULLERES GALEGAS. CONFERENCIA DE LIDIA MARIÑO: “TRALAS PEGADAS DA VELLA. O RECORDO NO FOLCLORE DA GRAN DEUSA PREHISTÓRICA”. 27-10-23, ÁS 20:00 H., CASA DA CULTURA-VILALBA

CICLO MULLERES GALEGAS. CONFERENCIA DE LIDIA MARIÑO: “TRALAS PEGADAS DA VELLA. O RECORDO NO FOLCLORE DA GRAN DEUSA PREHISTÓRICA”. 27-10-23, ÁS 20:00 H., CASA DA CULTURA-VILALBA

2023, Actividades, CICLO MULLERES GALEGAS, Conferencias
O Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración co Concello de Vilalba, organiza o venres 27 de outubro de 2023, na Casa da Cultura de Vilalba, ás 20:00 horas, unha CONFERENCIA titulada “TRALAS PEGADAS DA VELLA. O RECORDO NO FOLCLORE DA GRAN DEUSA PREHISTÓRICA”, impartida por LIDIA MARIÑO,  Fisioterapeuta e Antropóloga. Presentará o acto MARISA BARREIRO, presidenta do IESCHA.  Esta será a sétima conferencia correspondente ao ciclo MULLERES GALEGAS, programado polo IESCHA para levar a cabo durante todo este ano 2023. A primeira tivo lugar no mes de xaneiro e correu a cargo de GERMÁN CASTRO que nos falou da científica galega ÁNGELES ALVARIÑO; a segunda, no mes de marzo, foi impartida por VANESA SISO e levaba por título: “A cousificación e mercantilización do corpo das mulleres. Revisión das cantigas de…
Ler máis
ANDREA BARREIRA FREIJE É A GAÑADORA DO VII PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ DE NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL POLA IGUALDADE    

ANDREA BARREIRA FREIJE É A GAÑADORA DO VII PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ DE NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL POLA IGUALDADE    

2023, Actividades, Comunicados
DITAME DO XURADO DO VII PREMIO AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL POLA IGUALDADE O sábado 21 de outubro de 2023, ás 16:30 horas, reuniuse, no local do IESCHA da Casa da Cultura de Vilalba, o Xurado do VII Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade, convocado polo Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e Edicións Xerais de Galicia, e formado por D. Manuel Bragado Rodríguez, Dª Beatriz Maceda Abeleira e D. Pablo Nogueira Campo. Unha vez rematada a reunión emiten o seguinte DITAME:   O Xurado acorda, por unanimidade, outorgar o VII Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade á obra titulada QUEN PRECISA UNHA AVOA?,presentada baixo o lema ou seudónimo de #EUNONTEÑOAVOAS. Unha vez aberta a…
Ler máis
PROXECCIÓN DE “O CORNO”, DE JAIONE CAMBORDA, GAÑADORA DA CONCHA DE OURO NO FESTIVAL DE SAN SEBASTIÁN 2023.- VENRES 20-10-2023, 20:30 H., NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

PROXECCIÓN DE “O CORNO”, DE JAIONE CAMBORDA, GAÑADORA DA CONCHA DE OURO NO FESTIVAL DE SAN SEBASTIÁN 2023.- VENRES 20-10-2023, 20:30 H., NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA

2023, Actividades, Cine
 O venres 20 de outubro de 2023, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración con Concello de Vilalba, organiza unha nova proxección de cine galego coa longametraxe O CORNO, da directora JAIONE CAMBORDA. Nesta ocasión, para poder presenciar a película haberá que facer a reserva de entradas online na páxina do Concello https://entradasvilalba.es e, ademais, de xeito excepcional, aboar a cantidade de 3,00 € (cantidade que vai destinada á distribuidora do film). Así mesmo, pódese facer esta xestión na Casa da Cultura ou, o mesmo día da proxección, na billeteira do Auditorio.  SINOPSE:  Illa de Arousa, 1971. María é mariscadora pero tamén é coñecida na illa por axudar a outras mulleres nos partos con especial adicación e coidado. Despois dun inesperado suceso,…
Ler máis
COÑECE A TÚA PROVINCIA. RUTA 10: SOBER. PROGRAMA CONVOCADO POLA DEPUTACIÓN DE LUGO. MARTES 24 DE OUTUBRO DE 2023. SAÍDA ÁS 9:00 HORAS DA CASA DA CULTURA DE VILALBA

COÑECE A TÚA PROVINCIA. RUTA 10: SOBER. PROGRAMA CONVOCADO POLA DEPUTACIÓN DE LUGO. MARTES 24 DE OUTUBRO DE 2023. SAÍDA ÁS 9:00 HORAS DA CASA DA CULTURA DE VILALBA

2023, Actividades, Rutas
PRAZO DE INSCRICIÓN: DO 3 AO 16 DE OUTUBRO DE 2023 (ata as 18:00 h.) O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA) foi admitido para participar no Programa “Coñece a túa Provincia’2023”, convocado pola Deputación de Lugo, co seguinte CONTIDO (sempre suxeito a algún cambio): A viaxe terá lugar o martes 24 de outubro de 2023, con saída dende a Casa da Cultura de Vilalba ás 9,00 horas.  Ás 10:00 terá lugar unha visita ao Mazo de Santa Comba. A continuación levarase a cabo o Programa da Ruta concedida:  RUTA 1O (SOBER): Visita a unha adega en Amandi, visita á Rectoral de Gundivós, con demostración de olaría tradicional, visita a un miradoiro sobre o Canón do Sil. Servizos incluídos:A excursión será de balde e incluirá transporte, guía acompañante, xantar (menú pechado cun primeiro prato, segundo prato, sobremesa, café…
Ler máis
CICLO MESTRE MATEO-PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL FINALISTA “NO SOMOS NADA”, DE JAVIER CORCUERA-DOMINGO 8 DE OUTUBRO DE 2023 – 20:00 H., NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA  

CICLO MESTRE MATEO-PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL FINALISTA “NO SOMOS NADA”, DE JAVIER CORCUERA-DOMINGO 8 DE OUTUBRO DE 2023 – 20:00 H., NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA  

2023, Actividades, Cine, PREMIOS MESTRE MATEO
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección do documental NO SOMOS NADA, de Javier Corcuera, continuando así coa programación do CICLO MESTRE MATEO que durante o ano 2023 bríndanos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais e longametraxes) dos XXI PREMIOS MESTRE MATEO.  Esta quinta proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o DOMINGO 8 DE OUTUBRO DE 2023, ás 20:00H.  SINOPSETras anos de silencio, a lexendaria banda vasca La Polla Records regresa aos escenarios por sorpresa. Evaristo Páramos, o seu carismático vocalista, anúnciao en roda de prensa. Os seus miles de seguidores corren a voz e prepáranse para o acontecemento. Evaristo fai memoria desde…
Ler máis
CICLO MESTRE MATEO. PROXECCIÓN DA PELÍCULA “LIVE IS LIFE”, DE DANI DE LA TORRE. DOMINGO 24-09-23, ÁS 20:00 HORAS-NO AUDITORIO DE VILALBA

CICLO MESTRE MATEO. PROXECCIÓN DA PELÍCULA “LIVE IS LIFE”, DE DANI DE LA TORRE. DOMINGO 24-09-23, ÁS 20:00 HORAS-NO AUDITORIO DE VILALBA

2023, Actividades, Cine, PREMIOS MESTRE MATEO
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección da película LIVE IS LIFE, de Dani de la Torre, continuando así coa programación do CICLO MESTRE MATEO que durante o ano 2023 bríndanos a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais e longametraxes) dos XXI PREMIOS MESTRE MATEO.  Esta cuarta proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o DOMINGO 24 DE SETEMBRO DE 2023, ás 20:00H.  SINOPSEVerán de 1985. Como cada ano, Rodri deixa Cataluña e volta á aldea galega dos seus pais para reencontrarse coa súa panda. Pola contra, este ano é distinto para él e os seus amigos. Os problemas do mundo real comezan aparecer nas…
Ler máis