
O CONCELLO DE VILALBA, A NOVA POESÍA GUITÍRICA-NPG E O INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS-IESCHA CELEBRAN A SEGUNDA EDICIÓN DAS “XORNADAS ROSALIANAS”
https://www.facebook.com/photo?fbid=573727234784679&set=a.552628073561262 O Concello de Vilalba, a Nova Poesía Guitírica (NPG) e o Instituto de Estudos Chairegos (Iescha) volven unirse para a celebración da segunda edición das “Xornadas Rosalianas”, unha iniciativa que botou a andar o pasado ano coincidindo coa inauguración do parque na honra da escritora galega. Tralo éxito acadado na súa estrea, as tres entidades programaron para este 2023 un mes de febreiro cheo de actividade co obxectivo de por en valor a figura de Rosalía de Castro como unha muller sobranceira das nosas letras e unha figura clave na cultura galega. As diferentes actividades previstas comezarán o venres día 17 coa inauguración da mostra “Lieders”, de Clara Martín, na sala de exposicións do Auditorio Municipal en alusión ao artigo, datado no 1858, e considerado como o primeiro manifesto…